Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (6)

martes, 04 de julio de 2023
* Os Velóns
Trátase dunha ofrenda moi usual en bastantes santuarios. Neste, os fieis adoitan ofrecer "velóns" de cor vermello, que deixan acesos nun lampadario, situado na parte exterior da parede lateral esquerda e moi preto da porta de acceso ao santuario O seu prezo era dun euro no ano 2011. Na actualidade, pode chegar ata o euro e medio, xa que as oscilacións neste produto son mínimas. Ademaís, tamén hai algún lampadario metálico con veliñas no seu interior, que son acesas polos devotos/as. Estes, nalgúns Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (6)anos do presente século, doaron a seguinte cantidade de diñeiro tanto en velóns como en veliñas, colocadas ambas as dúas nun lampadario. No ano 2002, 60 Euros en Velóns. No 2003, 186 Euros en Velóns vermellos. No 2007, 230 Euros en Lampadarios. No 2012, 180 Euros en Lampadarios todo o ano; 90 Euros en Velóns todo o ano.

* Os exvotos de cera
Son obxectos artesanais, que simbolizan a una serie de animais: cochos, eguas, vacas, así como ao corpo humano e algunas das súas partes: brazos, mans, pernas, pés... Estas figuras eran levadas ao santuario polos devotos en testemuña do seu agradecemento pola influencia benéfica que as entidades sacras exerceron na cura de diferentes doenzas humanas ou animais. En todos os exvotos repítense tres elementos básicos: A promesa dun don a unha entidade sagrada pola consecución dun beneficio. O convencimento propio do individuo cando a entidade satisfizo a súa petición; e, finalmente, o don prometido polo ofrendante facendo constar públicamente que cumpriu a súa promesa. Ademais, os exvotos deben amosar unha serie de trazos que os posibilitan como tal; así deben gardar unha relación coa persoa que recibiu o favor e o suceso que o motiva; e, tamén, unha maior ou menor perdurabilidade no tempo. Nos templos da Grecia e da Roma antiga se se usaban estes exvotos, aínda que de materiais diversos, como ouro, prata, madeira, mármore, chumbo e arxila, dependendo do nivel económico do ofrendante. Xa denantes, na cultura ibera no sudeste da Peninsula Ibérica, se usaban exvotos de barro cocido e de bronce; na cultura etrusca, desde finais do século VI. a.d.C e ata o III a.de C., tamén de terracota, representando parte do corpo humano... e tamén animais.
Neste santuario, un bo número de devotos/as mercaban na sancristía exvotos de cera, das partes doentes, que foron sandadas pola entidade sacra e, logo, llos ofrecían como signo de gratitude polo don recibido. Tamén, había devotos/as, que adquirían figuras de cera, simbolizando as súas partes doentes, e pregabanao ente sacro, que lles curase as enfermidades. En ambos os dous casos colocaban os exvotos de cera ben cubrindo a imaxe do Ecce Homo ou nun varal de madeira, que ía entre as imaxes dos dous Ecce Homo. "La procesión salió a las dos menos cuarto de la capilla local, en la que se había celebrado una misa que fue seguida por numeroso público dentro y fuera del templo. Al lado de las imágenes de los santos, una de ellas cubierta por decenas de exvotos, desfilaron varias mujeres descalzas y cubiertas con capas color púrpura". "Varios cofrades portan las imágenes de todos los santos del templo. La del Ecce Homo va acompañada de objetos de cera, que representan las distintas partes del cuerpo humano". Polo tanto, sabemos que a imaxe do Ecce Homo, atado a columna da flaxelación, ía cuberta de figuras de cera ata o ano 2002. Pola contra, a partir do ano 2004 a devandita imaxe xa vai acompañada dun novo elemento, que chamamos "varal Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (6)de madeira", que leva unha serie de parafusos; estes teñen a finalidade de que os devotos/as poidan pendurar deles diferentes figuras de cera unidas por fios. Estes gastaron en exvotos de cera durante o século actual o seguinte. No ano 2002, 250 Euros. No 2003, 260 Euros; No 2006, 220 Euros; No 2007, 270 Euros; No 2009, 350 Euros; No 2012, 480 Euros; No 2013, 400 Euros.

Ao rematar os oficios relixiosos, un bo número de persoas participaron dun tempo de lecer, que tiña lugar nun campo, situado preto do santuario. Alí, xa o día 13 pola noite, realizábase unha churrascada e pancetada; e, logo, case sempre un dúo musical amenizaba o resto da noite. Nos días seguintes, -14,15 e 16- un grupo musical e dúas orquestras seguiron amenizando as sesións vermut e as verbenas, nas que se reflectía a mestura do grupo parroquial co foráneo. Ademaís, participaron algunhas charangas musicais como -Madia Leva, de Sarria- o grupo de gaitas de Bóveda; e algúns anos as bandas musicais de Paradela e Samos. En canto ao custo da dimensión profana sabemos que nos séculos XIX e parte do XX foi pagada coas rendas en especie e metálico, que recibía o santuario dos confrades do Ecce Homo; e, tamén, coa esmola, que se recollía na capela os días da festividade do Ecce Homo.
"Ano 1819. Cohetes... 220 rs. Músicos... 30 rs.". "Ano 1870. Cohetes... 332 rs. Músicos (7)... 60rs.". "Ano 1910. Cohetes... 85 pesetas. Música... 55 pesetas"
Ademaís no último decenio do século XX a capela tamén pagou os gastos da festividade relixiosa e deu unha aportación para os actos profanos.
"Ano de 1990. Gastos de tres días de fiesta... 34.600 pesetas." "Ano de 1996. Gastos de cuatro días de fiesta... 103.400 pesetas."
A finais do século pasado e principios do actual comezan a consolidarse "as comisións de festas", formadas por homes e mulleres da localidade coa finalidade de organizar as festas do Ecce Homo. Estas procuran fixan "a priori" un presuposto, que teñen que acadar das aportacións dos veciños desta parroquia e doutras limítrofes; dos carruseis que se instalen no "Campo da Festa"; da lotería do Nadal, que ponen en venda; dos sorteos, que poidan facer ao longo do ano... Co diñeiro recadado contratan os foguetes, as orquestras, as charangas musicais, os grupos de gaitas etc. A dimensión profana, presenta un elemento de cohesión e comunicación do grupo social; tamén, constitue un xeito de liberación da sensibilidade, xa que é o momento no que se tolera a ruptura das normas e regras que presionan e reprimen a conducta dos membros dunha comunidade. O baile, o canto e maila música, desencadenan emocións; a bebida e a comida facilitan a comunicación. Estes trazos lévanos a apreciar como en toda festa hai un tránsito do cotía a situacións onde poden ter lugar a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes.
Por outra banda con respecto ao Ecce Homo, podemos sinalar que na provincia lucense hai outros espacios sacros, que funcionan como Santuarios. Así, podemos salientar os Santuarios de Arcos (Outeiro de Rei); o de Cadoalla (Becerreá); o da vila de Palas de Rei; o do Curro Vello (Guitiriz); o de Sambreixo (Palas de Rei); o da Capela da Misericordia (Viveiro).

VI. Bibliografía
ARREGUI, Gurutze e MANTEROLA, Ander.: "Religiosidad popular", en Aguirre, Ángel (dir.). Diccionario temático de Antropología. Barcelona: Boixaneu, 1993, páx.532
BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e rituais nos Santuarios lucenses. Lugo: Deputación Provincial, 1996.
BLANCO PRADO, José Manuel.: Santuarios da Terra Chá, Vilalba (LUGO): I.E.S.CH.A. 2018.
CEBRIÁN FRANCO, Juán José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, páx.6
CONDE, Luís. Diario "A Voz de Galicia". Anos: 2002, 2004,2013.
DIARIO "A VOZ DE GALICIA". Anos 2007, 2008,2011, 2019
ELIADE, Mircea. Imágenes y Símbolos, Madrid: Ed. Taurus, 1979.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica. Autor do mapa de localización da Capela do Ecce Homo.
FUENTES ALENDE, Xosé.: Os Exvotos na Relixiosidade Popular Galega. A súa dimensión patrimonial. Santiago de Compostela: Ed. Andavira, 2019, páx. 23.
GONDAR PORTASANY, , Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros Vigo: A Nosa Terra, 1993, páx. 153
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO. X.M. Os Santos titulares de parroquias en Galicia, Santiago: Sotelo Blanco, 2012.
LADRA, Lois.: Religiosidade Popular e Mitos Fundacionais no Douro Transmontano, Vila Real (Portual): Ed. Gremio Literario Vila- Realenses. Cámara Municipal de Vila Real. Caderno Cultural nº24, IV Serie, 2021.páx. 73,
MALDONADO, Luís.: "Dimensiones y tipos de la religiosidad popular", en Concilium (Rev.Internacional de Teología), nº 206, 1986, páxs.9-18.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais de Galicia, 1987, páx. 175
MOREIRAS SANTISO, Xosé. "A relixiosidade popular no sector rural”, Rev. Encrucillada, nº9, Vigo, 1978, páx. 64.
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: "Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular", en Rev. Encrucillada, nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978, p.45.
PINTO, José e VIEIRA, Sandra.: A festa de San Bento do Cando. Memoria de uma devoçao serrana em terras de Soajo e Gavieira. Arcos de Valdevez (Portugal). Municipio de Arcos de Valdevez, 2017.
PINTO, José,: "Rituais Constitutivos da Romaría da Senhora da Peneda. Contributo para o seu estudo", en Gepa. nº 22. Terra de Valdevez. Boletín Cultural. Municipio de Arcos de Valdevez , 2018, páxs. 193-132
RIELO CARBALLO, Nicanor.: "Vocablo: RUBIÁN, Santiago de", en Gran Enciclopedia Gallega, T. XXVII, Ed. Silverio Cañada. D.L.: VI. 415. 1974.
WILLIAM A, CRISTHIAN Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 134.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES