Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (5)

martes, 27 de junio de 2023
2.2. Rituais individuais propios dunha liturxia popular

2.2.1. O ritual de vir andando ao santuario.

Hai anos bastantes devotos acudían ao santuario andando desde o seu lugar de orixe, como sacrificio previo antes de entrar en contacto co sagrado. Na actualidade, aínda que a maioría fan a viaxe en coches particulares, segue habendo pervivencias deste ritual.
Así pódese apreciar como hai devotos/as, que aínda veñen caminando dende entidades de poboación distantes máis de 10 km. do santuario. No catolicismo popular todas as accións baseadas na mortificación e na penitencia adquiren unha maior probabilidade de acadar o pedimento e tamén de agradecer algo. "O romeiro mortifica o corpo em detrimento de un ben maior. Mortifica-se para obter alguma graça ou agradecer uma graça alcançada por intermedio da Senhora da Peneda...".
Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (5)
2.2.2. Ritual de "Poñer o Santo"
O párroco ou un dos cregos asistentes aos diferentes oficios relixiosos dan a bicar unha imaxe pequena do Ecce Homo a aqueles devotos, que o requiren. Estes adoitan deixar unha esmola nunha bandexa, situada ao carón do poñente, que non soe recitar ninguna xaculatoria mentres realiza o ritual.

2.3. As Ofrendas
Están ligadas -ao igual que as prácticas rituais, que acabamos de ver- ao pacto baseado na reciprocidade, que esixe do devotos/as a entrega dalgún ben para propiciar ao ente sacro ou para compensalo polo favor acadado. Polo tanto, é común que se depositen diferentes ofrendas no transcurso da festividade.

* As Misas
Os devotos /as sufragan misas na honra do Ecce Homo, que serán oficiadas ao longo do ano. Esta ofrenda é anotada nun libro polo párroco ou un fregués da parroquia. No ano 1994, cada misa tiña un prezo de cincocentas ptas. No ano 2011, sete euros, ata chegaraos nove e dez euros dos últimos anos.

* A ofrenda en metálico
Trátase dunha ofrenda, que se está facendo moi usual en case todos os santuarios desta provincia. Lévase a cabo dos seguintes xeitos:
1º. Os devotos, logo de "poñer o santo" adoitan deixar unha esmola nunha bandexa ou nunha boeta, que se encontre situada ao carón do poñente, que soe ser o párroco ou un dos cregos asistentes aos oficios relixiosos.
2º. Un sancristán ou un fregués/a da parroquia vai recollendo nunha bandexa ou petitorio a esmola dos devotos/as, que asisten ás misas que se ofician durante a festividade do Ecce Homo.
3º. Nos petos que se encontran no interior do santuario e, tamén, no peto exterior de mármore, que foi colocado no ano 1953 e custou 55 ptas.

* Os hábitos
Hai devotas que alugan habitos morados para acompañar ao Ecce Homo na procesión. Segundo Vicente Goyanes, párroco de Rubiám, esta é una penitencia que fan colocando o hábito por riba dunha mortalla. No ano 1994, cada devota pagou polo aluguer do hábito cincocentas ptas. No ano 2011, pagou seis euros. Nalgúns anos do presente século as devotas alugaron hábitos pola seguinte cantidade de dinero. No ano 2002, 30 Euros en Hábitos. No 2006, 100 Euros en Hábitos e donativos. No 2007, 350 Euros en Hábitos e donativos. No 2009, 200 Euros en Hábitos e donativos. No 2012, 150 Euros en Hábitos procesión. No 2013, 100 Euros en Hábitos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES