Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bolsa e a vida

jueves, 22 de enero de 2009
A actual crise xa ten varias víctimas. Non víctimas económicas, que estas hai que contalas por millóns en maior ou menor grado. Víctimas no sentido máis expresivo.

Na Garda Civil de Tráfico denominan como “víctimas” a todos aqueles que resultan afectados físicamente nun accidente de tráfico, sexan mortos ou feridos. Efectivamente, “víctima” é a persoa que sofre morte ou dano moi grave, pero na fala popular resérvase este termo para os mortos en algún feito violento.

Pois a crise ten víctimas como se conta que pasaba na de 1929, e comezan a producirse suicidios de persoas que non calcularon ben as súas posibilidades e non pudieron soportar as consecuencias. O último, polo de agora, foi o multimillonario alemán Adolf Merckle, que perdeu mil millóns de euros especulando coas accións de Volkswagen.

Normalmente, nestas situacións de crise hai sempre gañadores e perdedores sen nome.
De cando en cando un acontecemento coma este, a morte dunha persoa, ponlle nome a un perdedor máximo que non só perdeu bens e facenda senón algo moito máis valioso: o creto, e a vida.

A escala de valores falla. Ningún ben –perdido ou gañado- merece dedicarlle a vida, sacrificar a vida. Este suicidio por causas económicas nunca poderemos entendelo, quizais porque pensamos –como dicía Novoneyra- pode ser outra cousa. E esa cousa vale máis que todas as demais.

Na vida real, a vida segue a valer moito máis ca a bolsa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES