Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 16 de junio de 2023
Unha auténtica tolemia

Erguín o cu do asento e marchei. O asento era (aínda é) de pedra. O bonito ou o peor de tal acción é que erguín logo de 33 días xustos sentado. Nin un minuto arriba, nin un segundo abaixo. Sentei ás 00:00 do día 1 de maio e erguín ás 00:00 do día 3 de xuño. Levantei cunha cor que xa non sabía se era azul, gris ou branca. Levantei completamente esgotado. Foron moitos días. Moitos. E sen nada debaixo. Só a pedra, a Pingas de Orballodura pedra. As miñas necesidades realizábaas por sonda. Comer, si; comer, comía ben. Traíanme a comida e mesmo parolaban e me facían compañía.
Tal acción, tal loucura fíxoseme dura. Aínda máis que a pedra. Porque esta é a que está pegada á miña casa, que está nunha rúa pequena, na que case xa non hai veciños, polo que a soidade rabuñou moito no meu benestar. Certo que, pola noitiña, case sempre asomaba alguén para que rematase o día algo máis contento, coa ilusión xusta para vencer á noite e iniciar ben o día seguinte.
A presenza desa xente foi un gran aliciente, un gran acicate, pero o que realmente me mantivo o cu pegado ó mazadoiro foron as miñas ansias de bater un récord. Moi fácil de facelo, xa que o anterior tíñao un de Cachagonza, tamén do concello de Baños de Molgas, que botara 23 horas sentado. Eu... 33 días! Unha auténtica tolemia, pero dunha heroicidade inmensa.
Ó querer andar case marcho de fociños contra o mazadoiro de enfronte. Naquel momento semellaba o Rambo de Baños de Molgas... non sentía as pernas!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES