Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 15 de junio de 2023
Asubiar e cantar

O peor será cando chegue a noite... que teño que rezar. Polos mortos daquel verán. Dun verán calquera. Porque en todos os veráns hai mortos. Como mortos hai nas guerras. Nestas, moitos. Máis que en ningunha outra situación. Rezarei por todos os mortos de todas as estacións, guerras e situacións.
Pingas de OrballoCando chegue a noite prefiro asubiar e cantar. Mellor asubiar, que cantar canto mal. Asubío coma os paxariños e mesmo coma o vento, incluso cando vai frío. Asubío os temas de Morricone e o zunido das balas de Al Capone. Desde que empecei a ler poesía, tamén sei asubiar un verso solto e poemas enteiros de Dámaso Alonso.
Cantar, canto moi mal. Sempre o confesei. E iso que cantaba todas as noites cando entraba coas vacas en Baños de Molgas, logo de pasar toda a tarde no monte. Tamén cantaba na misa, pero aí non había maneira de seguirlle o ritmo a miña nai. Deus, como cantaba miña nai! Ou como berraba, todo hai que dicilo.
Por quen asubiaba moito era polos cans. Sempre tiven cans. Incluso sen telos. Explico: o dun veciño (o Enrique da Sarita) asomou polo meu barrio e conquisteino con catro aloumiños e tres cachos de pan. Xa non nos deixou. O Enrique, cando ía á caza, tiña que pasar a buscalo. Pero por quen asubiaba a todas as horas era polo Uriarte. Este meu can é un caso á parte. Aínda hoxe soño que asubío por el. E iso que conviviu comigo nos anos setenta. Que xa choveu. E xa asubiei. E xa cantei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES