Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outros alicientes para a liga

lunes, 12 de junio de 2023
Para algúns foi unha alegría; para moitos unha auténtica pena. O remate da Liga española. A de fútbol, claro. A do deporte das masas. Pero deporte. Un acto no que, domingo a domingo (é un dicir, xa que houbo partidos practicamente todos os días e a horas esperpénticas), a maioría da sociedade amosou aí o seu auténtico carácter, a súa auténtica personalidade: desafogos, risas, bágoas, carraxes, felicidades, odios, racismo, incultura, educación, compañeirismo... O fútbol é un dos mellores baremos para saber realmente como é unha persoa. Ninguén debería mofarse do fútbol chamándolle o das masas en plan despectivo, cando non estadios vemos as máis auténticas e sinceras psicoloxías humanas.
Outros alicientes para a ligaFóra xa da típica defensa que fago dese deporte, toca falar da súa esencia: os goles, os equipos, os xogadores. Creo que se debería cambiar algo para que non perda toda a emoción. O Barcelona foi campión desde hai xa tanto tempo que non recordo. A partir dese momento relaxáronse de tal maneira que case todos os clubs que se enfrontaron a el conseguiron picar un bo resultado. A proba é que poucos seguiron con intensidade os partidos do Barcelona. Para que? Que máis daba que perdese ou ganase? El xa fixera os deberes. Por iso, non procede que certos equipos se queixaran desa relaxación; simplemente basta con dicir que... "que fixeran eles tamén os seus deberes". Ademais, o fútbol segue sendo fútbol: o Valladolid ganoulle e, non obstante, acabou descendendo.
É certo que a Liga perdeu moito desde que o Barça acadou o campionato, pois aínda que asistimos á loita polo segundo posto entre o Real Madrid e o Atlético; por entrar en Europa; e polo descenso, xa a poucos lles importaba. Tan só a eses afeccionados deses equipos implicados. Como o meu sufrimento polo Celta. Pero tamén digo que se chega baixar, case exclamaría "que lle estivo ben!" Un equipo non pode facer o que fixo o Celta desde que perdeu co Mallorca. Aí foi o ecuador da súa situación. Se lle ganara ós insulares, loitaría por Europa; pero ó perder viuse nun vórtice que case o liquida. Non o liquidou quizais por esa relaxación do Barcelona, ó que lle ganou 2-1. A Liga debería poñer outros alicientes para que ninguén se relaxase, aínda que acadase xa os obxectivos na metade do campionato. Non sei, máis cartos ou premios segundo a puntuación, por exemplo. Rematou a Liga... que vida a Liga das Nacións!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES