Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casoiros

domingo, 11 de junio de 2023
Para unir persoas hai dúas fórmulas, mesmo complementarias: pola Igrexa ou polo civil. Pola Igrexa, deben ser home e muller os contraíntes, mentras que polo civil a fórmula é máis variada tendo o límite no concello de Cadiz onde Kichi casou dous cans. O matrimonio pola Igrexa é "ata que a morte os separe, o civil "mentras o corpo aguante" e ninguén se escandaliza por quen se xunte con quen.

En política matrimóniase por conveniencia ou amor asinando un pacto, sen límite de número, carácter ou confesión dos contraíntes, que pode resultar firme coma rocha ou ser arrasado por un simple ventarrón. Se fosen casoiros relixiosos, non poderían ter fin sen benzón postreira. Ao ser civís, non hai cancelas. Poden casar esquerdas con esquerdas, dereitas con dereitas, centros con centros, e toda a gama de mesturas, agás dereitas cos de máis á dereita, segundo as esquerdas.

Pola esquerda son bos partidos as esquerdas nacional ou nacionalistas, constitucionalistas con rupturistas, pacíficos con exviolentos... Pola dereita, máis temores que reticencias por se as esquerdas lles chaman "fachas", esa palabra que Orwell recomendaba usar con circunspección.

Sempre escoitei que nun matrimonio ninguén se debe meter, a menos que haxa violencia. Ninguén se mete cos casoiros da esquerda. Deixen casar ás dereitas -é ben simplista a dicotomía-, que os votantes sempre teñen razón, e cada quen pode facer da súa capa un saio, con tal que non salpique.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES