Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fin de curso

miércoles, 14 de junio de 2023
Para quen se dedica ao ensino o tempo vai doutro xeito. Dalgunha maneira o noso ano vai de Setembro a Xullo, polo que agora tócanos celebrar, como todos os anos, a máis fermosa das despedidas: a que bota a voar novos profesionais.

Ano tras ano a mesma ilusión no alumnado e nas súas familias. Unha ilusión satisfactoria que nos colma de ledicia. A verdade é que é un momento para vivir en familia e coas máis fondas amizades. Celébrase o prendemento dunhas raizames que deben dar froitos de traballo. Por iso, aquí empeza todo e queremos saber a onde vai o temón que, con man firme, leva cada persoa.

Quizais o que hai dicirlle ao alumnado é o que canta Lluis Llach: que teñan sorte...

I així pren
I així pren
Tot el fruit que et pugui donar
El camí que, a poc a poc, escrius
Per a demà
Que demà
Que demà
Mancarà el fruit de cada pas
Per això, malgrat la boira, cal
Caminar

... e que aprendan a camiñar entre a néboa porque a néboa tamén forman parte da vida.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES