Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 14 de junio de 2023
A destempo

Estou pensando e botar unha ducia de foguetes e tres bombas pola Concepción. Á hora da verdade bótoos o día de san Salvador, o 6 de agosto, que é o patrón de Baños de Molgas. Dicir Baños de Molgas son xa palabras maiores.
Moitas veces fago cousas que non ten xeito. E a destempo. O outro día botei horas preparando, Pingas de Orballo calculando e debuxando unha ruta por ese mesmo concello, o meu concello, para realizar unha boa andaina e resulta que me tirei todo o día tombado, escagallado no sofá. Quero e non podo, ou sexa, non quero.
Lembro cando, de rapaz, ía para o monte coas vacas que, en vez de coller para o comunal do Medo, torcía para o comunal de Pinouzos, ou ó revés, en vez de torcer para Pinouzos, seguía para o Medo. Claro que, despois, como pasara algo (e case sempre pasaba: ou perdía o burro ou perdía algunha vaca), a miña nai non se andaba con hostias e cruzábame a cara nun santiamén; o santi cun sopramocos no lado esquerdo e o amén cun sopapo no dereito. A min tan só me quedaba xemer de dor e deixar caer unhas bágoas. Unhas moitas, quero dicir. Sempre lle botaba a culpa á nai, mesmo desexándolle a morte para quedar libre coma o vento. A culpa era miña.
Entoo o mea culpa porque non se poden botar foguetes nin bombas na Concepción, cando a min só me interesa o san Salvador.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES