Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 13 de junio de 2023
O enfermo

El mira a través da ventá do hospital e ve que os tronos asoman polo horizonte. Sabe que non tardará en caer. A pedra, a auga, a treboada. E sábeo porque o seu alcume xa o di todo: O Trono. Na realidade chámase Ovidio Ferreiro Láncara. El non é o enfermo. O doente é o seu irmán Eliseo, O Alustro. E agora si, acabade de rir por completo: á súa irmá Ludivina chámanlle A Chispa. Para que todo quede na casa, en familia.
Pingas de Orballo Ludivina quedou na aldea coidando das dúas vacas, xa velliñas, que teñen porque lles custa vendelas. Polo cariño que lles teñen. Pola pena que lles dan. No hospital ten que haber alguén porque, Eliseo, o paciente, a maiores de que está mal, "regula" peor. E de cando en vez, incluso atado, quere botarse da cama e non tarda en deixar colgar as súas pernas, agora esqueléticas.
Eliseo, O Alustro, ou sexa, o enfermo leva practicamente toda a mañá cunha ladaíña eterna: Carmen, Carmen, Carmen, Carmen. Nin os seus irmáns saben quen é a tal Carmen. Ó mellor é unha enfermeira, pero... Pero xa apareceron varias e el segue dálle que dálle: Carmen, Carmen, Carmen, Carmen. Cando cansa de chamar, di que é tal día de semana, pero nunca acerta co real. E pide sempre unha cervexa.
De cando en cando está lúcido e solta que é de Vide, en Baños de Molgas, e que pasea sempre asubiando pola Pitediña porque seica vive nun hotel desta vila. Está quieto, Eliseo!, bérralle o seu irmán Ovidio, O Trono. Mentres, na aldea, A Chispa reza por seu irmán.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES