Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 08 de junio de 2023
Botáronse á boa vida

Cóidate, dixéronse un ó outro. E os dous botáronse á boa vida. Un percorreu os vicios dos tempos aqueles nos que a vida seguía a torto ou a dereito. O outro correu polos garitos das airas, aquelas nas que se mallaba o pan e se secaban as fabas. Toda diversión dos tempos pasados sempre era unha alegría ó mellor vivir.
Un percorreu as cores do arco da vella deixando tras de si unha lascivia ou concupiscencia narrada con catro Pingas de Orballo versos e dúas estrofas. O outro correu por entre as toxeiras da infancia escarallando os niños daquela señardade do luscofusco. Din que todo tempo pasado foi mellor. Eles os dous chegaron a berrar que depende.
Un percorreu os cortellos para estralos con toxos e fentos e palla e frouma dos seus pensamentos. Porque hai pensamentos que cheiran a carraxe e desconsolo. O outro correu polos lameiros de outono, nos que deixou caer as bostas de catro vacas e unha becerra. Houbo tardes nas que o silencio se abrazaba ó medo, ó temor, ó receo e os berros fundíanse nun rosario eterno.
Un percorreu os camiños que saían da aldea e, pouco a pouco, encheunos de bulleiro. Había que andar con pés de manteiga ou coma o gato polas brasas para non atugar, para non afundir os nocellos. O outro correu polas carballeiras da morriña e non tardou en caer nunha neglixencia na que a vida se envorcalla na lama. Porque o vicio dos dous era coma a desentoación, a discordancia no aloumiño do tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES