Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teimo en Fiz Vergara Vilariño

miércoles, 07 de junio de 2023
O 15 de abril cumpre anos, cumpre porque Manuel Freire di que os poetas se conxugan sempre en presente. Daquela puxen unha foto súa no facebook cun poema dedicado a Santalla de Lóuzara onde cada pedra, cada herba, cada folla e cada devalar do río evoca ao poeta Fiz Vergara Vilariño.

Santalla segue acollida e recollida nos versos de Fiz e quixo situalos nela para que nela percorramos as saudades, as soidades, as angustias, os amores e as ledicias do poeta. Lóuzara ten en Fiz o poeta merecido e Fiz ten en Lóuzara a matria desexada por calquera poeta.

Alén disto cabe lembrar que Fiz é dono dunha obra extensa e intensa que vai dende o paixasismo ao existencialismo sen es quecer a crítica social. É unha obra de valores rexos que cómpre transmitir ás novas xeracións: dende aquel poema que nos describe como unha nena con muletas é abandonada polas súas amigas ata o abraiante peche de "Encontro cos tiburós" titulado "Hai que vivir": unha fermosa exhortación á superación das eivas.

Quen se achegue a Fiz descubrirá un mundo de soños forxados máis alá da diversidade funcional. Por iso teimo nunhas Letras Galegas para Fiz, porque nel podemos visibilizar moitos ilímites que catapultan á eternidade da nosa cultura. Fiz sempre estará aí: conxugado en presente pero cómpre promovelo e dalo a coñecer en toda a súa intensidade...
... pero precisamos á RAG para dar a coñecer a un home que levaba un mundo dentro e, vencendo un mar bravo de febleza, foi capaz de crear os poemas máis intensos polos que, aínda hoxe, agroma un espírito invencible que nos invita a loitar, a vivir e a ser feliz.

Teimo e teimarei sempre nunhas Letras Galegas para Fiz Vergara Vilariño.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES