Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 01 de junio de 2023
O camiño cortado por obras

Son Zacarías Carro Solana, O Asentado, e natural daquela aldea que está no alto da montaña, a que ten forma de peito de muller. Aínda que vivo na cidade. Dixéronme que non fose por certo camiño, que estaba cortado por obras. Optei por coller outro, claro. E collín un polo que din máis voltas. Tiña que parar de cando en vez porque eses ollos verdes, vermellos e ámbar bailaban o baile de San Vito.
Pingas de Orballo Chámanme O Asentado por ser moi sosegado, moi cachazudo. Pero agora mesmo críspanme os nervios e férveme o sangue a causa do novo camiño que collín; ando así coma medio perdido. Non o coñezo tan ben coma o habitual. Non obstante, sigo cara á adiante. A algún lado irá, a algún lugar chegarei. Parar non vou parar.
Na aldea tan só vivimos catro veciños. Tres e máis eu. Ou eu e tres máis. Cando estou alá, lóxico. Porque xa dixen que vivía na cidade. De cando en vez vou á aldea. Ás veces vexo ós tres veciños, outras vexo tan só a un, outras máis a dous e mesmo hai visitas nas que non vexo a ningún. Son fáciles de contar.
Por fin cheguei ó lugar que ía. Levoume moito máis tempo, pero cheguei. Tiven que subir polas escaleiras do edificio. Foron 164 chanzos. Podía coller o ascensor, pero... para que? Tiña ganas de contar os chanzos: 164. Xa son, xa. Cheguei e alí estaba. El. El estaba na cama. Dando voltas coma un sarillo. Non acougaba. Eu tan só miraba para el e dábame algo de pena. Ós cachos pensaba no camiño cortado por obras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES