Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maior satisfacción

jueves, 01 de junio de 2023
¿Quen non quere encontrarse satisfeito?
Todos queremos sentírnos satisfeitos por diferentes razóns:

En primeiro lugar: queremos sentirnos ben con nós mesmos.
En segundo lugar: sentirnos satisfeitos coas persoas da casa e despois coas de fóra, tamén.

Encontrarse ben cun mesmo ten unha importancia primordial; pero non é tan doado como parece:
Hai persoas ás que non lles gusta o seu físico.
Hai persoas ás que non lles gusta a súa maneira de ser.
Hai persoas insatisfeitas porque non acadan os logros que pretenden.
Hai persoas que non se conforman co que teñen.
Hai persoas insatisfeitas por diversas razóns...

¿QUÉ PODEMOS FACER PARA MELLORAR A SATISFACCIÓN PERSOAL CON NÓS MESMOS?:
Está claro que O FÍSICO non o podemos cambiar salvo nos casos que poida amañar a cirurxía estética, que tampoco está ó alcance de todos.
O que si podemos e debemos facer é aceptarnos tanto se somos altos, baixos, gordos, delgados, feos, guapos...
No mundo hai sitio para todos.
Na variedade está o gusto.
O importante é ser normal, natural e ter saúde tanto física como mental sen esquecer a espiritual.
As persoas non se valoran pola estatura (salvo para certas profesións), nin polos quilos que carretemos, nin tampoco pola beleza física.
Ser persoa é moito máis que un obxecto decorativo.

SER PERSOA É:
DESENROLAR OS NOSOS TALENTOS, TER BO CORAZÓN, ACTUAR EN CONCIENCIA, SER RESPECTUOSO COAS DIFERENCIAS, SABER ESTAR...
A persoa que desenrola as propias capacidades según as súas circunstancias persoais, a persoade bo corazón, a que actúa en conciencia rectamente formada, a que respecta as ideas dos outros aínda que non as comparta, a persoa que sabe estar...
Xa ten motivos máis que suficientes para sentirse satisfeita consigo mesma.
Eso non quita de: mellorar canto máis, mellor, según as posibilidades de cada un porque os humanos temos intelixencia para aprender e mellorar no día a día.

A NOSA MANEIRA DE SER podemos modificala, aprendendo dos erros, cultivando as boas maneiras, os bos modais...
O noso carácter é educable.
Se temos reaccións bruscas de mal xenio, podemos aprender a pensar as cousas dúas veces, respirar fondo antes de contestar, pensar nas consecuencias...
Hai persoas que se "controlan" moi ben sen caer na hipocresía que eso é algo indesexable e impresentable.

CANDO NON ACADAMOS OS LOGROS QUE PRETENDEMOS aínda que fagamos todo o que está ó noso alcance, podemos probar de novo con máis pulo ou aceptar as nosas limitacións.
Certo que as nosas capacidades sempre poden dar un pouco máis de si; pero sen pretender "chegar cos pés á lúa", cando aínda non a alcanzamos coas mans.

AS PERSOAS QUE NON SE MOSTRAN FELICES CO QUE TEÑEN, cando fixeron honradamente o que puidieron, deben medir as súas forzas e dicir: "ATA AQUÍ CHEGUEI".
A FIN DE CONTAS NON PRECISAMOS MÁIS QUE O PAN DE CADA DÍA.
Boa parte de poboación mundial ten moitísimo menos que os dos países desenrolados e son tan felices como nós.
A "avaricia rompe o saco".
Ninguén sabe se chegará a mañá.
CADAQUÉN DEBE GAÑARSE O PAN COA SUOR DOS SEU ROSTRO QUE É A MANEIRA DE VALORAR E DISFRUTAR DO QUE CONSEGUIMOS CO NOSO TRABALLO HONRADO.
Con ter as necesidades básicas cubertas, hai máis que suficiente para mostrar satisfacción e agradecemento.

O QUE VERDADEIRAMENTE NOS DEBERÍA PRODUCIR INSATISFACCIÓN É A FALTA DO DEBER CUMPLIDO:
- Os vicios que arruinan a nosa vida física ou psíquica.
- A falta de amor cos que convivimos.
- A soberbia que nos sobra.
- A avaricia que para nada nos convén.
- A luxuria quebota moitas vidas a perder.
- A ira incontrolada que perxudica as nosas relacións con demais.
- A gula que bota a perder a nosa saúde física.
- E a preguiza que nos impide dar o mellor de nós mesmos.
O resto; todo tén amaño.

"TODO TEN AMAÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por estar aí.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES