Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (2)

martes, 06 de junio de 2023
IV. Algún trazos históricos da Capela
A confraría do Santo Ecce Homo foi incorporada a do Santísimo cando se aproban as súas constitución en Santiago de Rubián no ano 1778. Entre os gastos esenciais cómpre salientar a celebración de tres oficios litúrxicos, que se levaron a cabo nas festividades do Corpus; do Ecce Homo; e de San Xoán Nepomuceno. Ademaís, nas contas desta nova confraría é mester ter en conta dous apartados: dunha banda a renda de dez ferrados do Santuario; e doutra a cota de trinta e un ferados, que deben aportar os confrades.
No ano 1782 construíuse a capela do Ecce Homo coa esmola e donativos de fregueses da comunidade parroquial de Santiago de Rubián e doutras da contorna. A partir deste intre a confraría estivo presidida polo párroco da freguesía, que delegou algunhas tarefas nun mordomo e nun depositario. O mordomo era o encargado de recadar dos confrades a renda en especie, que aportaban a base de centeo e trigo preferentemente. No obstante, nalgún anos houbo tamén aportacións de castañas, liño e maíz. Esta renda era vendida polo mordomo, segundo o prezo de mercado, e figuraba no "Libro de contas da capela" dun xeito individual ou colectivo. Algúns exemplos:

RENDA, A NIVEL INDIVIDUAL. ANO 1838.
"En el presente año, el maiordomo José Somoza recogió la siguiente renta. De Xoán Fernandez Bole, 4 ferrados de centeno, que a 7 rs, ferrado, suponen un total de 28 rs. De Alonso Fernandez e Xosé Cabanas, 4 ferrados de centeno, que suponen 28 rs. De Xosé Somoza, 2 ferrados de centeno, 14 rs. De Xoán López do Campo, 3 ferrados de centeno, 21 rs. De Salbador Pérez, 1 ferrado de centeno, 7 rs. De Pedro Otero, 1 ferrado, 7 rs. De Xoán Nepomuceno Ermida e D. Manuel Illanes, 1 ferrado de trigo, 8 rs, e medio".

RENDA, A NIVEL COLECTIVO. ANO 1850.
"En el presente año, el maiordomo Francisco de la Torre, recogió la siguiente renta. 15 ferrados y medio de centeno, a 5,50 rs., ferrado, suponen 85,8 rs. ½ ferrado de trigo, 4 rs. De catro libras e media de estrigas, 16,8 rs. De castañas e maíz, 50 rs".

Da figura do mordomo temos constancia da súa existencia ata mediados do século XIX. Con todo, aínda que no Libro de Contas da Capela do Eccehomo non figura como tal é probable que seguise habendo unha persoa, chamada mordomo ou doutra maneira, que cumprise coas mesmas funcións. O depositario tiña como función recoller a esmola en metálico do Ecce Homo, que os devotos deixaban nos petos da capela ao longo do ano e fundamentalmente nos días da súa festividade. Tanto o mordomo como o depositario tiñan que comparecer no transcurso do ano diante do párroco para formalizar as súas contas; o mordomo ensináballe as rendas recadadas dos confrades; e o depositario, a esmola en metálico recollidana capela. A partir da segunda década do século XIX, o mordomocumpretamén as máis das veces coas función do depositario. "Ano 1811, Vicente González, maiordomo e depositario. Ano 1813, Pedro González, maiordomo e depositario. Ano 1818, Pedro de Otero, maiordomo e depositario".

A partir do ano 1897 empregouse a peseta como moeda de uso. Ademaís, seguiu habendo renda en especie, que se vendía polo seuprezo de feiraou de mercado, convertíndose deste xeito en pesetas. Así mesmo, comezou a ser habitual o alugar de hábitos por parte das devotas, que logo utilizaban acompañando á procesión. Tamén, ía ser usual o alugar "corpos de cera", que ofrecían os devotos/as ao Ecce Homo, así como a esmola no intre de "poñer o Santo". Por outra banda, dende mediados do século XX comezou a recollerse por separado a esmola do ano e, logo, a esmola dos días 14, 15 e 16 de Setembro, nos que se festexa ao Ecce Homo. Xa no último decenio deste século comezaron a utilizarse "os lampadarios", tanto o eléctrico como o de Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (2)acendido normal. Pois ben, todas estas tarefas é moi probable que as levase a cabo un fregués da parroquia, que recibía o nome de sancristán, e do que temos constancia a partir do ano 1952.

Algúns exemplos: "Ano 1897. Cajas o Petos de limosna... 25 ptas. Limosna por "besar el Santo", días 14 e 15 de Septiembre... 32,35 ptas. Por alquilar cuatro hábitos... 15,80 ptas. Por cabeza y pecho de cera... 4,50 ptas. Por centeno... 4,90 ptas. Castañas... 4 ptas.". "Año 1960. Limosna anual... 966,20 ptas. Limosna, día 14... 214 ptas. Limosna, día 15... 426, 99 ptas. Limosna, día 16... 129,95 ptas. Alquilar hábitos... 240 ptas. Cera. Figuras de cera... 394". "Año 1990. De limosnas y ofertas hábitos... 43000 ptas. Do lampadario eléctrico... 26000 ptas. De exvotos de cera e o recollido en bandexas... 42000 ptas".

A partir do ano 2002 empezou a introducirse o Euro como moeda de uso. Neste ano introduciuse como ofrenda "os velóns vermellos", e os devotos/as seguían alugando hábitos, figuras de cera; usando os lampadarios e os petos de esmola, tanto o exterior como os interiores.
Exemplos: "Ano 2012. Lampadario todo el año... 180 Euros. Peto exterior empotrado... 190 Euros. Hábitos procesión... 150 Euros. Exvotos de cera... 480 Euros. Limosna los tres días de fiesta... 290. Velóns todo el año... 90 Euros."
Os ingresos obtidos pola capela foron investidos de catro xeitos:

1º. NALGÚNS CULTOS LITÚRXICOS.
Dende finais do século XVIII comezaron a oficiarse dúas misas: unha dedicada ao Ecce Homo; e a outra pola fundación da confraría. Námbalas dúas participaron ata os anos corenta do século XIX seis cregos; estes cobraron unha remuneración económica, que ía variando a medida que transcorrían os anos.
"Año 1829. Seis sacerdotes, dos misas, la de fundación y la del Santo... 52 reales". "Año 1811. Seis sacerdotes, misa del Santo... 36 rs. Misa de fundación... 10 rs."

A partir de mediados do século XIX e ata finais da segunda década do século XX concelebráronse dúas misas cantadas os días 14 e 15 de Setembro. Nelas participaron de seis a oito cregos, que cobraron un estipendio variable segundo o ano de celebración.
"Año 1875. Siete sacerdotes, misas solemnes días 14 y 15... 108 rs.". "Año 1901. Siete sacerdotes, funciones solemnes días 14 y 15... 40 ptas."

Dende mediados dos anos cincuenta e ata os anos 65 do século pasado, cinco cregos ou seis, oficiaron as misas rezadas do día 14 de Setembro; e seis cregos concelebraron as misas solemnes dos días 15 e 16 do mesmo mes, e as rezadas de ámbolos dous días.
"Año 1952. 14 de Septiembre. 5 sacerdotes... 5 misas rezadas... Total... 125 ptas. 15 de Septiembre. 6 sacerdotes, misa solemne y seis rezadas... Total... 240 ptas. 16 de Septiembre. 6 sacerdotes, misa solemne y seis rezadas... Total... 240 ptas". Año 1963. 14 de Septiembre. 6 sacerdotes, misa rezada. Total: 300 ptas. 15 de Septiembre. 6 sacerdotes, misa solemne y rezada. Total: 480 ptas. 16 de Septiembre. 6 sacerdotes, misa solemne y rezada. Total: 480 ptas".

Dende o ano 1966 e ata o ano 1982 non se usa o Libro de Contas da Capela do Ecce Homo, que comezou de novo a utilizarse no ano 1983 cocrego Vicente Goyanes. A partir desta data vaise a pagar non só o estipendio das misas senón tamén a manutención dos cregos asistentes aos oficios relixiosos.
"Ano 1992. 9 sacerdotes... 51000 ptas. Manutención... 38000 ptas." "Ano 2006. Misas tres días... 240 Euros. Comidas... 380 Euros."

Nalgunhas misas solemnes, celebradas neste Santuario, interveu un predicador no día principal da festividade -o 15 de Setembro- recibindo unha remuneración pola súa participación. Os predicadores normalmente eran "país benedictinos" ou "mercedarios", aínda que algúns anos tamén viñeron coengos e cregos das catedrais de Lugo e Mondoñedo.
"Ano 1868. Antonio Fernández, director del Colegio de Mondoñedo... 120 rs". "Ano 1953. Sermón. P. Benedictino... 125 ptas." "Ano 1961. Sermón P. Mercedario... 150 ptas". "Ano 2006. Predicador... 100 euros."

2º. EN MERCADURÍAS LIGADAS CO CULTO DA CAPELA.
Ao longo dos anos houbo que mercar diferentes obxectos e teas, que eran indispensables para o bo funcionamento das actividades litúrxicas da capela. Así podo facer alusión ás seguintes: os manteis e panos para o altar; a vestimenta do crego, na que había que salientar o amito, a alba, a casula, o terno, o roquete etc.; os petos das Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (2)esmolas; algún crucifixo e os candeeiros para o altar; algunas imaxes de devoción; o púlpito; a cera para os días de festividade; os cirios eléctricos; os confesionarios; afeitura dos hábitos; e as figuras de cera e velóns, que facilitaban a ofrenda aos devotos.
"Ano 1807. Se compró un terno de gala para el maior culto y decencia de dicho Santuario. Lo compró D. Tomás de Gamba en la Universidad de Santiago por 2000 rs".
"Ano 1809. Hechura de una alba... 95 rs. Caja para pedir limosna... 26 rs." "Ano 1810. 3 libras de cera para el día festivo del Santo. Siete baras de lienzo para manteles de los altares... 64 rs. Un confesionario portátil... 42 rs.". "Ano 1813. Alba con su amito... 144 rs". "Ano 1850. Cuatro candelabros para el altar maior... 30 rs.". "Anos 1952-1956. Un crucifijo para el altar maior... 48 ptas. Un púlpito... 600 ptas. Petitorio de mármol empotrado en la fachada... 55 ptas. Un kilo de cera... 45 ptas. Pila de mármol para el agua bendita... 20 ptas."
"Ano 1960. 6 cirios eléctricos... 216 ptas. Un roquete... 245 ptas.". "Ano 1990. Compra seis hábitos y hechura... 21000 ptas. Figuras de cera y velas... 4200 ptas". "Ano 2007. Siete cajas de velones... 97 euros. Figuras de cera... 90 euros.". "Ano 2011. Cera, velones y figuras de cera"... 730 euros".

3º. EN ARRANXOS RELACIONADOS CO EXTERIOR E INTERIOR DA CAPELA.
Trátase de reparar o presbiterio; a sancristía; retellar a capela; arranxar a plataforma do altar maior; revocar a fachada da capela; dar cal ao recinto sacro; pintar as portas e as ventás; poner cristais; pagar os xornais dos albaneis e carpinteiros etc.
"Ano 1805. Pinturas de las puertas y ventanas; tablas para cubrir los altares; cuatro cristales para las ventanas; jornales de los albañiles... 498 rs.". "Ano 1850. 50 arroba de cal para dar de blanco a la capilla... 125 rs.". "Ano 1953. Arranxo do presbiterio con cinco sacos de cemento, ladrillo (200 - donados por Benito Cruz), jornales albañiles... 320 ptas. Retejar la capilla... 50 ptas. Madera y trabajo para la plataforma del altar maior... 65 ptas." . "Ano 1956. Se arregló una parte de la sacristía realizando parte de la misma por estar agrietada. Se aseguró el segundo cuerpo de ladrillo con garfios de hierro y una viga de cemento armado. No obstante, estas reparaciones fueron continuadas en el año 1983 por el nuevo sacerdote Vicente Goyanes". "Ano 1960. Revocar fachada de la capilla... 583,63 ptas."
Hai anos nos que, segundo o Libro de Contas da Capela, hai que pagar os gastos de luz eléctrica.
"Ano 1961. Gastos de luz eléctrica... 317,90 ptas". "Ano 1990. Fenosa (luz). Atrasos y año susodicho... 24448 ptas." "Ano 1992. Fenosa (luz)... 7387 ptas. Lixo y agua... 9000 ptas."
A partir do ano 1992 non figura no Libro de Contas ningún gasto de luz o que nos indica que é probable, que se levase a cabo doutro xeito.

4º. NA FESTA PROFANA.
Dende o ano 1819 e ata o ano 1910 unha parte dos ingresos da capela foron destinados á dimensión profana do Santuario, e máis concretamente aos dous elementos básicos da mesma: a música e os foguetes. Ademaís, algúns anos houbo tamén unha atracción pirotécnica: as rodas. Esta consistía en poñerlle pólvora ao perímetro das diferentes rodas; logo, prendíanse as mechas e aoestalar, as rodas comezaban a xirar sobre si mesmas. "Ano 1819. Cohetes... 220 rs. Músicos... 30 rs.". Ás veces, únicamente había cartos para os músicos. "Ano 1850. Músicos... 34 rs.". Outras, só para os cohetes. "Ano 1868. Cohetes... 300 rs.". Tamén había anos que adoitaba figurar o número de músicos, que viñan. "Ano 1870. Cohetes... 332 rs. Músicos (7)... 60 rs." Os músicos so ían estar os dous días de festa. "Ano 1886. Músicos (8). 2 días... 130 rs.". Ademaís, algunhas veces tamén se indicaba a que banda de música pertencían. Ano 1895. Música. Banda de Samos... 220 rs.". Así mesmo, algúns anos adoitaba indicarse o nome do pirotécnico. "Ano 1896. Fuegos, ruedas... 280 rs. Pirotécnico. José Álvarez de Monforte. Banda de Música de Samos... 220 rs.". Dende o ano 1912 ao 1952 non temos datos do sucedido. E a partir do ano 1952 non hai datos ata os anos 1990 e 1996 nos que se fala da festa dun xeito moi xenérico. "Ano 1990. Gastos de tres días de fiesta... 34600 ptas". "Ano 1996. Gastos de cuatro días de fiesta... 103.400 ptas.". E moi probable que estes gastos fixesen referencia aos actos relixiosos e profanos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES