Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (1)

martes, 30 de mayo de 2023
Ecce Homo ('Este é o home'). É a traducción que na vulgata latina deuse á pasaxe do Evanxeo de Xoan (19:5)

I. Localización da Capela do Ecce Homo

Coordenadas U.T.M.
X: 631.904 Y: 4.703.656

Dende unha óptica relixiosa este recinto sacro está situado nafreguesíade Santiago de Rubián, anexa da de San Pedro Fiz de Rubián, municipio de Bóveda, arciprestado de O Incio, e diócese de Lugo. A nivel civil forma parte da entidade de poboación de Rubián, parroquia de Santiago de Rubián, partido xudicial de Monforte de Lemos, comarca da Terra de Lemos, e provincia de Lugo. Esta parroquia aparece nun documento da catedral de Lugo, que data do 17 de novembro de 1202, o que demostra a súa antigüidade. Esta, limita ao Norte coas parroquias de Remesar, Villarbuján e San Pedro Fiz de Rubián; ao Sur coa de Bóveda; ao Leste coas de San Pedro Fiz de Rubián e Tuimil; e a W., coa de Teilán. A capela está emprazada no "Campo da Feira", coñecidotamén como "Campo do Muro", no centro da entidade de poboación de Rubián, queposuía a 1 de Xaneiro do ano 2021 unhapoboación de 273 habitantes. Por outra banda, a capital provincial lucense -distante uns 47 km. da capital municipal- está comunicada con este centro sacro por dúas estradas: a LU-546, antiga estrada que une Lugo con Monforte de Lemos; e, dende haiuns anos, o corredor CG-2.2, que realiza o mesmo percorrido, rodeando a localidade polo Leste.

II. Peculiaridades artísticas da Capela
Esta capela foi construída no último tercio do século XVIII, segundo unha inscrición, que figura no dintel da parte norte e que di: "ESTA CAPILLA HÍZOSE DE LIMOSNA SIENDO VICARIO DON DIEGO GVITIAN AÑO DE 1782". Consta dunha fachada, que amosa unha porta principal cun arco redondo, sobre a que hai unha pequeña fornela; esta contén unha escultura pétrea do Eccehomo. Na parte superior, está o campanario formado por unha torre cadrada con catro vans eunha ornamentación rococó. Os muros deste recinto sacro son de cachotería de pizarra. No obstante, a fornela; a torre; e as piastras son de granito. O seu interior presenta unha nave rectangular cun tellado de madeira -no interior- e de pizarra no exterior a dúas augas. A nave comunica cunha capela maior por medio dun arco de medio punto; esta posúe no seu exterior unhacuberta de pizarra a catro augas. Ademaís, este recinto amosaunha capela lateral, que comunica coa nave central por medio dun arco granítico de medio punto. Tamén, dispón dunha sancristía na cabeceira, que mostraunhacuberta de pizarra a dúas augas. A nivel escultórico, conserva dúas imaxes do Eccehomo, unha do Santiago Peregrino, San Roque, Santa Rita, San Xose, Conceupción, e unha imaxe pequena da Virxe de Fátima. Así mesmo, dispón dun estandarte da Inmaculada e dunha cruz de madeira coa efixie de Cristo.

III. Mapa do localización xeográfica da Capela do EcceHomo de Rubián (Bóveda).
Territorio de Gracia da 'Capela do EcceHomo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (1)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES