Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co racismo

lunes, 29 de mayo de 2023
A voltas co racismo O tema Vinicius-racismo, racismo-Vinicius coleou de tal maneira durante toda a semana que penso que xa se saíu de nai. Aínda así, eu tamén teño dereito a opinar, porque me gusta o fútbol e porque vou en contra do racismo de calquera racismo. Por certo, para un servidor, o racismo non é tan só sobre a cor da pel; vai moito máis alá.

O asunto que nos implica ten tantas vertentes, tantos apuntes que case é mellor que os mesture e que os conte tal como me veñan á cabeza. Por exemplo, o noso Núñez Feijóo axiña declarou que España non é un país racista en ningún caso. Inocente, carallo, que es un inocente! Onde vai que teño dito e confesado e asegurado e afirmado que o noso país é racista porque, o ser humano, é racista en todo o mundo. O sábado mesmo lin algo dos xogadores ingleses que confesaban que vían o argueiro no ollo alleo e non vían no seu o fungueiro. En Inglaterra hai racismo. E en Francia, Alemaña, Italia, Namibia, Marrocos, Brasil, México... e de Estados Unidos non digo nada. E repito que o racismo vai máis alá da cor negra.

Estes días, o racismo andou nas bocas do mundo porque lle chamaron negro a Vinicius, xogador do Real Madrid, que non é un calquera. Non é ese xogador do Velle que, xa de xuvenil, sufriu insultos racistas. Nin ese xogador do Maside ó que lle berraron "Negro, vaite ó teu país". Nin ese xogador do Arenteiro B ó que, en Covadonga, chamáronlle macaco. Nin un de Outomuro que "en máis dun sitio sentinme discriminado". Estes negros que fagan coma quen non oen e que se busquen a vida ou que se defendan como poidan. Que as institucións, medios de comunicacións e demais caralladas non se rebaixan a... Estes tan só actúan se lle catan os piollos a alguén do Madrid ou do Barcelona ou do Bayern ou do City...

Agora imos co propio Vinicius. O Real Madrid, agora, ten negros a esgalla (aí vai unha broma: se don Santiago Bernabéu levantara a cabeza e vira tanto negro e tanto estranxeiro...); pois ben, se con esa morea de negros ninguén se mete, por que Vinicius está sempre no ollo do furacán? Se escribo que é un provocador e un chulo, pensarán que o digo polo meu antimadridismo. Non. A proba é que eu tamén condeno os insultos racistas que recibiu. Como condeno a eses "nobres madridistas" que, no Bernabéu, contra o City, lle cantaron unha canción a Guardiola de "rapar e peitear".
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES