Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 31 de mayo de 2023
Un gran estudiante

Estudei arquitectura para esculpir un boneco de porcelana nun caxato de salgueiro. Coa navalla, a maiores de tocar e retocar, abrinlle o bandullo a un corvo. Dentro do bandullo non había nada de nada. Non sempre ten que haber algo no baleiro. Eu ás veces nado nos outeiros. Só nos do monte Medo. Si, tamén nos de Pinouzos.
Estudei a táboa de multiplicar para dividir todo o relacionado comigo, en cachiños que, Pingas de Orballoó poñelos en fila, funos sumando. Non lle restei nada. Bastante teño co que teño e co que son. Ás veces, un cero á esquerda e, outras, un certo valor en auxe. Agora cada quen que busque a raíz cadrada do cachiño máis grande. Sempre haberá alguén que o faga sobre o máis pequeno.
Estudei astronomía para somerxerme nas augas do río Arnoia cunha caña de ferraia para poder respirar. Parvo non son e non quero afogar. Dos astros baixei ás profundidades do océano, ou sexa, ó pozo da Pillamadoira, alá polo medio de Baños de Molgas. Metro arriba metro abaixo, a distancia pode ser máis longa que toda a Chaira de Vide. Xa sei que é unha esaxeración, pero para iso estudei ética filosófica por medio de online.
Tamén estudei ciencias económicas para saber canto me custaba o sacho que precisaba para cavar as patacas, así como se era procedente que o arado de pau levase rella de ferro ou non. Ó final carguei o arado no carro, marchei para o Outeiro Miau e que sexa o que Deus queira. Na primeira engarrada que tivo contra unha pedra, o arado de pau rompeu. Putas ciencias económicas!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES