Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Agapito Fesoba

jueves, 15 de enero de 2009
Din as malas linguas que don Agapito era o home máis feo de Lugo, ademais, sempre segundo as malas linguas, era fraco coma un escarvadentes. Don Agapito encomezaba e remataba en pico. Don Agapito era narigón, calvo, de orellas grandes e dentes pouco camaradas, pois nunca os tivera unidos. Don Agapito ás veces parecía un semáforo; tiña os ollos verdes, era algo vermello e quedáralle algunha que outra tintura amarela por mor dunha enfermidade que padecera no fígado. Don Agapito apelidábase Fesoba Mexón para máis inri. Cando era neno foi moi desgraciado. Os outros nenos apuntábanlle co dedo ao medio corpo dicindo: Mexón, mexón, mexón e el baixaba a cabeza, por iso lle quedou no lombo algo de volta, chamada carrumba nalgunhas rúas. Para gastarlle chanzas, os seus amigos agasallábano con ouriñais e retretes, pezas estas das que chegou a ser un gran coleccionista. O pobre mexón, é dicir, don Agapito, pasouno moi mal por culpa dos seus apelidos, el desexaría apelidarse Orozco, Cacharro, Aznar, Rajoi..., en fin, ter un apelido serio e que pasara inadvertido. Unha vez pasóuselle pola testa matar á súa nai, á señora Mexona, pero sabía que se a mataba ía parar ao cárcere e miúda cagada. Así que lle deixou ese traballo ao destino. Don Agapito un día coñeceu unha muller que se chamaba Filomena Pura de Braga, e el entendeu mal o segundo apelido, en vez de Braga entendeu Fraga. Don Agapito casou con ela e cando estaba casado achegóuselle un chistoso, porque nesta cidade habelos hainos, e díxolle: Home, Agapito; o que che faltaba era unha braga, Ha, ha, ha!
Don Agapito ese día morreu dun infarto e enterrárono no cemiterio de San Froilán moi preto de dona Lupita, a do moño.

Piñeiro, Vicente
Piñeiro, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Plus de altos cargos: Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania