Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos vellos

jueves, 15 de enero de 2009
Que Galicia camiña hacia a vellez témolo claro desde que sabemos que morren máis galegos que nacen. Pero agora temos cuantificación e, sobre todo, relación co que pasa noutros lugares.

A U.E. ven de facilitar a relación das rexións máis febles de Europa polo envellecemento da súa poboación, indicando que este envellecemento vai lastrar a economía galega nos próximos doce anos.

Galicia figura no lugar número 21 de entre as 257 áreas ou rexións que compoñen a actual Unión Europea. Temos por cada cen habitantes menores de vinte anos cento trinta e cinco maiores, augurando a Unión para situacións como a nosa niveles de desenvolvemento baixos, alto desemprego e elevada proporción de activos dedicados a sectores en declive económico, polarización das diferencias sociais e aumento da pobreza.

Os galegos maiores de 65 anos somos xa o 21,6% da poboación, chegando a 600.000. Peor ca nós está Asturias, situada no número doce desta lista e Castela-León no dezasete.

Como primeira medida, a U.E. recomenda preparar a economía e os sistemas de atención social para o futuro impacto do envellecemento poboacional, dando por feito que o proceso vai seguir no camiño emprendido.

Galicia, por outra parte, ocupa o posto 36 da U.E. en canto a perspectivas de crecemento, e no sexto lugar das autonomías españolas en canto a peores perspectivas de futuro.

A verdade é que estamos afeitos a ocupar o farol bermello do final dos convoies cando se trata de economía, progreso, desenvolvemento. Quizais o da poboación non é máis ca unha consecuencia desas premisas, e a solución estea en progresar para atraer poboación e conseguir medrar en todo. Imos vellos, e non parece que haxa quen tome o noso relevo ó goberno dunha nave que todos consideramos unha potencia no futuro.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES