Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de mayo de 2023
Ser torto de cando en vez

Tirei a carne e rillei os osos. Así son ás veces de espléndido. O outro día goldrei o río, cando tiña, tanto polo lado de arriba como polo de abaixo, dúas pontes para poder cruzar. Quixen mollarme, e que? Non sempre quero andar como dita, como sinala a realidade. Ser torto de cando en vez non é malo. Aínda que só sexa para chamar a atención.
Pingas de OrballoSempre quixen viaxar ó espazo, pero deixo apodrentar o traxe de astronauta nun recanto do faiado. Ó mellor estou á espera de que me colla unha pomba e voe con ela. Mellor unha pomba que un avión. Por iso de querer chamar a atención. O outro día escribín que o ruxerruxe dunha película nas noites de silencio era como escoitar os asubíos de Morricone. A película era muda!
Tamén quixen correr polos raís da vía do tren, pero como perdía o equilibrio, bailei sobre as gaias dun sabugueiro. Cando rematei descansei sobre unha lápida do cemiterio. Case quedo durmido. Porque me daba o sol e porque, aí, o silencio si é absoluto. Sempre se dixo que os mortos non falan. Aínda que moitos si saben dicir cousas desde o máis alá.
Descarguei a tinta do bolígrafo e estou a escribir co sangue das miñas veas. Así son ás veces de besta, de bruto. As palabras faranse eternas. Porque tamén din que o sangue sempre queda... segundo contan os do C.S.I. e as novelas de serie negra. Logo, para máis aquel, o meu sangue xa é negro. Ata son torto para min mesmo. “Ai, neno, ti non estás ben”, dicía sempre miña nai. E unha nai sempre ten razón. Ou case sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES