Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 19 de mayo de 2023
Diferenza entre Wayne e Eastwood

O aire racha o silencio por entre as xestas, toxos e piornos do monte Medo. John Ford ten un cariz serio; nótase que está cabreado, irritado. Quere rañar o ollo esquerdo a causa da carraxe, pero cae na conta de que aí ten un parche. Berra por John Wayne. Este axiña asoma detrás dun piorno medio seco e enfróntase ó director dos westerns. El non é quen de dispararlle a un pel vermella por detrás; négase a dispararlle a alguén Pingas de Orballopolas costas. El é legal, honrado, nobre; é un vaqueiro, que non é o mesmo que pistoleiro. Hai un axusta e compón, ou sexa, unha tirapuxa eterna entre os dous, mesmo con olladas que, se puideran matar, xa nin necesitaba disparar John Wayne.
Cando xa empezaban a esgotar, os dous, todos os razoamentos e todos os insultos, viron que polo outeiro de Sudalomba aparecía, impoñente, sobre o seu cabalo castaño, Clint Eastwood. Co rostro serio e coas mans baixo o seu poncho de spaghetti western, quixo saber do enfrontamento entre os dous Johns.
Cando Ford e Wayne aínda non remataran coas explicacións, Eastwood xa aguilloara o seu cabalo con dirección ó malo da película. Baixou do animal, sacou o revólver e díxolle ó contrincante: "alégrame o día". Non esperou máis. Nin soubo se lle disparara polas costas ou de fronte. Simplemente disparou. Non andou con lerias. John Ford volveuse para John Wayne e díxolle que non era tan difícil. E aí rematou todo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES