Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 18 de mayo de 2023
A Páxina 72

Escribo os números das páxinas no caderno porque algo teño que facer; ou dicir; ou escribir. Por exemplo, esta Pingas de Orballoé a páxina 72. Sobre a mesa: o móbil á miña dereita, un periódico enfronte e, tamén enfronte, a cunca de café, xa baleira, claro. Xa teño dito que os meus cafés baixan en tres tragos; o primeiro para a temperatura, o segundo para o sabor e o terceiro para a éxtase. E, si, tamén para a pena. Porque dá pena rematar o café.
Algo teño que facer. Contemplar unha pantalla televisiva que ten sempre a mesma imaxe. Xa se moverá, xa; xa se moverá cando empece o partido de fútbol que, algúns, xa estamos esperando. Mentres non se move, escoito música que sae polos altofalantes da cafetaría. Clientes dentro, e fóra. Coches fóra. Ruído dentro, e fóra. Latexos no meu peito.
Raño o pescozo porque me proe. E porque algo teño que facer. Tamén o dixen sempre: cando proe algo, hai que rañar. O que sexa. Agora cada quen que pense o que queira. Pensar é gratis. Levar a cabo os pensamentos... iso xa é outro cantar, outra película. Todos sabemos como poden ser as películas: cómicas, de suspense, de ciencia ficción, románticas, incluso de terror. Como certos pensamentos.
Nesta páxina 72 chego á conclusión de que sempre hai algo que dicir. Sempre. Incluso neses momentos nos que un non sabe que dicir. Un raña e raña nas entrañas, nas asaduras e sempre asoma algo. Sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES