Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Precisamos calidez

jueves, 18 de mayo de 2023
Afortunadamente hai moitas persoas que a disfrutan e tamén que a comparten.
Outras, desafortunadamente, viven unha vida moi fría.
Hai persoas que por mala sorte ou polas circunstancias que sexan viven pouco arroupadas polas demais.
Esta triste situación dáse en tódalas etapas da vida e tamén en tódalas clases sociais.
De tal xeito que xa hai criaturas que teñen unha infancia moi dura.
¡Unha mágoa!
A parte das criaturas que teñen uns pais que non saben ou non poden exercer como tales; tamén hai outras que, aínda tendo boas familias: sofren acoso escolar.
¡Que triste!

Hai nenos moi crueles que descargan toda a súa tirria contra compañeiros de clase e fánlle-la vida pouco menos que imposible.

¡PARECE MENTIRA A CRUELDADE QUE TEÑEN ALGÚNS MENOS!
É tan grave esta situación que cada día danse máis casos de suicidio infantil por estas razóns.
Non sei como podería correxire este problema; pero penso que moitos destes fallos veñen de familias nas que tampoco reina moita calidez.
Sexa como sexa, os proxenitores deben tomar parte activa na solución deste problema polo seu propio ben.
A escola e a igrexa tamén colaboran e o mundo tamén; pero a base está sempre na familia.

AS CRIATURAS QUE SON CRIADAS NUN AMBIENTE IDÓNEO, VAN MEDRANDO COMO PERSOAS DE BEN E CHEGAN A SER PIARES FUNDAMENTAIS PARA A CONVIVENCIA PACÍFICA NA SOCIEDADE QUE LLES TOQUE VIVIR.

¡Canta importancia ten un ambiente cálido na infancia!
Debemos evitar ó prezo que sexa que os nosos nenos medren nun ambiente hostil.

PRECISAMOS PERSOAS DE BEN PARA O DÍA DE MAÑÁ. ESE TIPO DE PERSOAS TEMOS QUE EDUCALAS HOXE.

OS ADULTOS tamén debemos mellorar neste sentido.
Somos os que debemos dar bo exemplo.
A veces costa ser unha persoa cálida, unha persoa considerada cos demais, unha persoa afable; pero é unha necesidade.
No mundo laboral encontrámonos con situacións estresantes que fan difícil actuar con calidez: traballadores sobrecargados, explotados que viven nunha situación de estrés continuo.

A esas persoas hai que disculpalas e compadecelas porque en moitas ocasións, son víctimas da necesidade.

O QUE SI SE AGRADECE MOITO É CANDO NOS ENCONTRAMOS CON:

-VECIÑOS que saúdan afablemente e ofrécense para o que poidan
ser útiles.

Esto, sobre todo, en comunidades grandes onde case non se coñecen.

-DEPENDIENTES que se desviven por atender ó público.
Non importa se é porque queren vender ou porque lles sae da alma; aínda que o ideal sería que lles saíra da alma.
Pero o que lle importa ó cliente é sentirese calidamente tratado.

-FUNCIONAROS que atenden ó público explicando con paciencia os trámites que hai que facer para dirixirse ás Administracións, sobre todo nesta etapa de transición cara ó mundo dixital, no que moitas persoas non estamos ó día.

-PROFESIONAIS DE TODO TIPO que desepeñan a súa misión con entrega cálida e que nos fan a vida moito máis agradable e levadeira.
NA ANCIANIDADE tamén hai persoas moi cálidas, a pesar de que os achaques a veces fan mella no carácter das persoas con sufrimento o dor.

A estas persoas debemos comprendelas e mimalas porque nos están ensinando o camiño que nos falta por recorrer, se é de que chegamos a percorrelo...
Canto máis cultivemos esta calidez, máis humano será o mundo no que desenvolvamos a nosa existencia.

O que precisamos son compañías cómodas.

"PRECÍSANSE COMPAÑÍAS CÓMODAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola calidez que deixa compartido co resto do humanos e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES