Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facerse rico

miércoles, 14 de enero de 2009
En tempos, ser rico significaba poder vivir sen traballar manualmente, e os que emigraban na procura da fortuna chegaban a ese nivel cando podían permitirse construir unha casa de indiano e regresar a vivir xa de vellos na terra que os vira nacer, contribuíndo ó desenvolvemento da parroquia ou vila na medida das súas posibilidades.

Hoxe, ser rico é algo difícil de definir, se ben parece adoptarse esta calificación para quen posúe o equivalente a cen millóns das antigas pesetas, que ó cambio resultan seiscentos mil unidades da moeda europea actual.

É esta unha cantidade respectable que se alonxa da mayoría dos mortais, e que en Galicia recoñecen posuir ou se lles recoñece ó 2 por cento da poboación, algo máis de 55.000 persoas. Coñécense estes datos polas declaracións do imposto de patrimonio, que agora desaparece, e que obrigaba a formular declaración ós que oficialmente posuísen bens por ese importe.

Que na realidade é bastante máis porque as cifras nas que se tasan os bens inmobiliarios son moi inferiores ó valor real desas mesmas propiedades.

En toda España a cifra de ricos está en arredor dun millón, co que a proporción do dous por cento parece manterse. Tendo en conta que estamos a falar de cantidades oficiais, a realidade galega e española debe polo menos poder multiplicarse por cinco en estimación ben especulativa.

E agora desaparece o imposto do patrimonio por consideralo non democrático, pouco útil, mesmo inxusto. Desaparece, por tanto, tamén a fonte para coñecer públicamente as declaración dos propietarios de bens inmobles ou mobiliarios.

Quédanos Facenda, que coidamos que sabe todo, e persegue eficazmente a todos os que perciben beneficios en calquera actividade económica. O de facerse rico segue estando vixente nun país de oportunidades como este. Claro que aí está a Facenda -que somos todos, como quere a máxima- para que todos de paso nos fagamos tamén colectivamente un pouco máis ricos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES