Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 16 de mayo de 2023
Como as avestruces

Fixen un buraco para poñer unha verza, pero ó final enterrei a cabeza. Como as avestruces. Ás veces é obrigatorio esconder a cabeza. Ou che fan esconder a cabeza. Tamén, como dicía aquel: ollos que non ven, corazón que non sente.
Pingas de Orballo O outro día non escondín a cabeza e fíxome moita graza a situación, o detalle que vin ante a televisión: soa o himno nacional na final da Copa do Rei entre o Real Madrid e o Osasuna. Cando a cámara pasou ensinando a todos os xogadores do Real Madrid só había un español (Carvajal) e, por exemplo, Tchouaméni estaba teso, firme e cos ollos pechos, concentrado, coma se sentira o himno. Para máis inri, Tchouaméni é francés.
Noutras ocasións si escondo a cabeza. Gustaríame dicir que para non ver, pero a maioría das veces é por covardía. É máis, estou convencido que a maioría de nós agachamos a cabeza por covardía. Non o quereremos recoñecer, pero así é.
Esconder a cabeza é moi fácil. É tan fácil coma cando se pide perdón. Por certo, rebéntanme aqueles condutores que, cando non frean nun paso de peóns, levantan a man en sinal de perdón. É tan fácil erguer a man.
Teño a cabeza enterrada no buraco que fixera para a verza. Vou ter que quitala. Non quero afogar. E a covardía estará sempre nun; vendo ou non vendo, sentindo ou non sentindo. Mellor poñer a verza, da que sempre se saca proveito... un caldiño nas noites de inverno. Tampouco quero ser avestruz. Mellor lobo ouleando desde os outeiros do monte Medo ou un gabián voando sobre o campanario da igrexa de Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES