Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sopesar o voto

miércoles, 17 de mayo de 2023
En eleccións, reláxase o punitivo para non alterar os ánimos dos votantes, as inspeccións redúcense e as resolucións de expedientes adíanse un tempo prudencial.

No Concello de Lugo deben estar seguros da satisfacción dos votantes para enviar multas de 200€ por ocupación momentánea do "carril bici", do que aínda están por nacer os usuarios.

Se en todo Lugo se "disfruta" do carril bici, o que mellor coñezo é o de Río Navia, que no seu día fixo aparecer nas portas unha nota contra a alcaldesa pola eliminación de vinte e non sei cantos aparcamentos, sen que se aprecien tantos ciclistas como prazas se eliminaron.

Pouco despois da construción deste desatino, os debuxos de bicicletas no pavimento foron tapados con brochazos de pintura, coidando os incautos que a alcaldía reconsideraba postura e estudiaba a anulación do infausto carril. E residentes e visitantes demos en deter coches brevemente sobre o espazo acotado, non molestando a ninguén porque se algunha bicicleta despistada pasa pola rúa xunto cos patinetes sen lei, circulan pola beirarrúa que é ao que están afeitos.

A situación veuse repetindo, chegando a haber catro ou cinco coches en menos de cen metros (a policía visita a rúa cada quincena, máis ou menos) pero vese que o concello toma medidas para evitar que os particulares respondan así á broma do carril.

A infracción califícase de "grave", e as multas por parar na terra de ninguén defínense como "estacionar nun carril destinado ao uso exclusivo do transporte público urbano", nunha rúa na que non hai servizo de bus. O valioso voto non pode valorarse. Quizais as multas de 200€ axuden aos afectados a valorar a situación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES