Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rei, Rei...

viernes, 12 de mayo de 2023
No Reino Unido coroaron rei a Carlos III, tomándose moi en serio a institución e ó monarca que envelleceu agardardando a coroa, cun gasto multimillonario. Desfilaron por Londres milleiros de militares da U.K. e da Commonwealt, 35 nacións que son os restos do Imperio Británico, que aceptan ao inglés como rei propio. E o 51% dos britanicos critica que os gastos da coroacion se fagan con diñeiro público pero non protestan pola figura ou a funcion, como en países con moita menos pompa.

Os que no 1975 tiñamos uso de razón fomos xoancarlistas porque lle vimos as orellas ao lobo con Eta, o malestar dos militares, o golpe de 1981 e a inseguridade dunha democracia que naceu timidamente sen saber se ao día seguinte ía seguir existindo.

A monarquia -sombras e luces-, leva case medio século de paz e traballo nun país que non a ten abolido porque desconfía de calquera outro réxime posible. E de camiño para o Reino Unido veu o noso Rei Lugo, e Lugo asomouse ao exterior grazas a esa visita.

Os non monárquicos manifestos non asistiron á celebración, o que me parece un erro porque, monárquicos ou non á monarquía sostémola a maioria de españois e galegos, polo que unha das forzas imprescindibles no país, non pode estar de costas a esta realidade. Un concelleiro represéntase a si mesmo, á súa forza política e a todo o concello, por activa ou por pasiva. Concelleiro por ausencia, é un contrasentido.

No Reino Unido manteñen a pompa -por momentos, ópera bufa- por convicción, ou porque saben que a tradición, as formas, a unión cara a fóra, arredor de realidades, institucións ou mitos, é rendible de xeito non cuantificable pero irrebatible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES