Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eugenio Montes na historia de vida de Fernández Mezquita

lunes, 15 de mayo de 2023
A implicación de Eugenio Montes, no complicado proceso da conmutación da pena de morte de Alberto Fernández Mezquita, por anos de cadea e o posterior exilio, foi vital, para que se puidera levar a cabo.

Nas numerosas ocasións que foi valedor das persoas, nunca tivo en conta a súa ideoloxía, crenzas ou compromiso político, Fernández Mezquita era un destacado sindicalista, troskista e membro do POUM.

Recollo as testemuñas escritas que confirman este feito: A.M. (Artur Mirandela) /A.M (Alberto Mezquita). PARA MEMÓRIA FUTURA: DOIS HOMENS QUE LUTARAM CONTRA A DITADURA DOS DOIS LADOS DA FRONTEIRA E MEIOS DE PRODUÇÃO DE MEMÓRIA por João Baía; Fdez. Mezquita, o diplomático trostkista por Antonio Piñeiro; Dos arquivos de Rafael Dieste o diálogo epistolar dos irmáns Dieste (Eduardo-Rafael); a vida como literatura. X. L. Axeitos e a Pintura del Pueblofrente a la tiranía: La Religión del Trabajo de Maruja Mallo por Amelia Meléndez Universidad Nebrija.

"Artur Mirandela fez parte de uma extensa rede com algum poder no concelho de Bragança e Vila Real, que apoiou a fuga de Alberto Mezquita. Depois de várias pessoas com infuência terem certifcado que Alberto Mezquita era nacionalista, confrmando um documento que também o atestava, libertaram-no com a condição de atravessar a fronteira para se documentar. Como sabia o que ia acontecer quando chegasse ao outro lado da fronteira decidiu pedir apoio a Artur Mirandela, que lhe tinha fornecido alimentação durante a estadia na prisão. Artur Mirandela albergou-o na casa de Sacoias, e pediu ao flho Leonel Mirandela parao acompanhar de comboio até ao Porto, cidade onde se encontraria com outra pessoa que o conduziria a Lisboa. Em Lisboa, Alberto Mezquita tentou, com o apoio de Gabriela Mistral, munir-se de passaporte e documentação para poder exilar-se na América Latina, mas foi preso nas ruas de Lisboa. A PVDE não o libertou enquanto não recebeu informaçoes do governo de Burgos, que acabou por informar que ele pertencia a "movimentos marxistas". Nesse momento foi entregue às autoridades espanholas alinhadas com Burgos. Segundo Eduardo Granell, também do POUM, galego e seu companheiro das tertúlias madrilenas, Alberto Mezquita foi condenado à morte, mas Eduardo Dieste, cônsul chileno, e Eugénio Montes conseguiram que a pena fosse comutada" (1).

Felipe Fernández Suárez, avó paterno de Alberto Fernández Mezquita, tivo excelentes vínculos comerciais e amizades nas terras de Braganza:
"Había hecho fortuna con el comercio de la pana, que se traía en mulos desde Portugal. La pana se hacía en Braganza, en telares individuales, había allí unos dos mil. Felipe Fernández se dio cuenta que aquello era un producto muy importante y comenzó a importarlo para venderlo en sutienda (...). En dos o tres años, la pana alcanzó una venta importante, (...). Luego, la pana acababa en Cataluña, (...). Gracias a la pana, Felipe Fernández Suárez logró tener uno de los tres primeros coches privados de Orense, así como uno de los incipientes fonógrafos (...). También instaló el primigenio teléfono privado de la provincia -instalado de la Gudiña a su casa-, con una conexión pana enviar y recibir telegramas. Con ello podía enterarse diariamente de los precios de la Bolsa de Madrid, especialmente de la cotización del escudo portugués, que era la moneda con la que pagaba la pana" (2).

"Neste intre tan transcendental alumearon por Madrid nomes e apelidos tan cercanos coma o do seu curmán Augusto Assía, os dos seus coterráneosEugenio Montes e os irmáns Eduardo e Rafael Dieste, así coma o do embaixador uruguayo Carlos Gurméndez (quen levaría a vida de Mezquita a unha das súas novelas), que lograron conmutarlle a pena capital por un tempo de prisión" (3).

"Alberto Femández [Mezquita], natural da Mezquita (Ourense), empregado dos FF.EE. en Madrid. Curmán de Felipe Femández Armesto (Augusto Assía) e de Fermín, asistía ás tertulias de La "Granja del Henar". A súa vida está chea de episodios novelescos. A súa militancia sindical levouno a ser condenado a morte nos primeiros meses da guerra civil. Na súa episódica liberación, interveñen os Dieste e moi especialmente Euxenio Montes e o pai de Carlos Gurméndez" (4).

"Tras su ruptura con Miguel Hernández, (Maruja) Mallo había iniciado una relación sentimental con el orensano Alberto Fernández Mezquita, troskista y miembro del POUM (Partido obrero de Unificación Marxista) con quien acudía en compañía del común amigo Eugenio Fernández Granell a diversos actos culturales y políticos a favor de la República. En otras ocasiones se encontraban en el despacho de la estación ferroviaria que regentaba Alberto (...).
La Guerra Civil estalló mientras ellos tomaban como base de su veraneo Beluso, en la ensenada de Aldán de las Rías Baixas. Esta elección venía motivada por el buen entendimiento en las tertulias madrileñas de Rafael Dieste de Alberto Fernández Mezquita y Federico Ribas que se prolongaba en los veranos en la casa que el dibujante adquirió en la aldea ayudado por el empresario conservero Gaspar Massó García y donde recibió a tertulianos de 1933 a 1936. Maruja Mallo se sumó a ellos en Praia de Beluso el verano de 1936 a raíz de su noviazgo con Mezquita (...).
Alberto (Fernández Mezquita), refugiado primero en la embajada chilena de Lisboa, fue luego detenido por la policía portuguesa y entregado a las autoridades nacionales. La intervención del cónsul chileno Eduardo Dieste y el poeta Eugenio Montes consiguió conmutar la pena de muerte por la de exilio que el novelista Rómulo Gallegos facilitó en Venezuela, país del que luego sería agregado cultural en Yugoslavia y en el que murió" (5).

Eugenio Montes, axudou ás persoas de diferente ideoloxía e compromiso político, moitas das veces, a pesar das inmensas adversidades, a modo de exemplo temos documentado: a súa implicación para rehabilitar a Otero Pedrayo; evitou que depuraran a Vicente Risco; interveu a favor de Cándido Fernández Mazas cando estaba no cárcere de Valencia; evitou as nefastas consecuencias que lle esperaban a Augusto Assía e a súa muller, cando estaban no cárcere de Verín; rehabilitou a Ernesto Halffter, como catedrático do Instituto de Lisboa; ao cuñado de Manuel Azaña, Cipriano Rivas Cherif, cando estaba a pasalo francamente mal, no Madrid dos anos da posguerra, mediou para que o nomearan director do teatro Lara e agora tamén coñecemos o seu traballo en favor de Alberto Fernández Mezquita, curmán do seu íntimo amigo Augusto Assía.

Montes estivo na "Falange" no seu momento fundacional, moitos foron os condicionantes, que o levaron a estar aí: grande amizade con José Antonio, desencanto político coa segunda república, clima revolucionario que se vivía en España e ademais de parar o avance do comunismo e do nazismo en Europa.

Co asasinato de José Antonio, todo mudou, e o seu poder ou mesmo autoridade dentro do Goberno de Burgos, foi decrecendo de forma exponencial, en febreiro do ano 1937, foi nomeado director do Instituto Español de Lisboa, onde permaneceu dezasete anos, ao cabo dese tempo pasou ao Instituto de Lisboa, outros dezasete, ata a súa xubilación.

Todo semellaba que ía ser embaixador na Arxentina, pero o feito de estar separado da súa muller e de ser candidato socialista ás eleccións constituíntes do ano 1931 por a provincia de Ourense, foron os impedimentos que frustraron o nomeamento, a mesma sorte tiveron o seus irmáns José e Manuel:

José, que a pesar de desempeñar o posto de inspector interino de segunda ensinanza, por máis que Montes o recomendara a Ibáñez Martín, non acadou a condición de funcionario, ao suspender os dous exames con calcificacións moi baixas..

Manuel, alcalde socialista de Bande, que no BOE número 343, do día 9 de decembro de 1941: Anexo único. Boletín Oficial del Estado num 343 de 1941
https://www.boe.es/pdfs/BOE-U-1941-343, aparece inhabilitado por cinco anos.
Peticionario: Don Manuel Montes Be-. 1cerra. ... Alcalde, con asistencia de un Gestor de ... rev-Bande, inhabilitado por cinco años.

Ao finalizar a guerra o súa misión a favor dos aliados, foi clave, para vencer tanto a nazis como a fascistas, en todo o meu proceso de investigación, Montes aparece sempre de forma sutil nese escenario do espionaxe, proceso no que sigo investigando.
De momento, numerosos foron os fíos que tiven que ir tecendo, para completar este tapiz asimétrico, de tonalidades cálidas, agradables, agradecidas, intuitivo e por momentos surrealista.

Esta tea final, presenta un notable contraste entre o anverso e o reverso. Os fíos de diferente grosor, colorido e patrón de tecido, por veces están presentes ao longo e ancho de todo o tecido e outros aparecen de forma alterna e mesmo invisibles. Todos eles ten a súa importancia, modo, tempo e forma, eu voume centrar en sete deles: Juan Pujol; Kim Fhilby e Tommy Harris, que de forma nítida aparecen no seu anverso, marcando as sendas, nodos e fitos ata a meta final. Hai fíos que van no reverso, que hai que visualizar e intuír con paciencia e sosego, anque por momentos tamén ten certa nitidez, que son os que foron tecendo Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), Eugenio Montes, Araceli González, Hans Lazar e posiblemente o almirante Wilhelm Canaris, director do Abwehr. A maioría coincidiron en Burgos ao comezo da Guerra Civil e por diferentes motivos e intereses permaneceron unidos, calaron ou falaron con silencios, fóronse con segredos desa parte tan importante e tráxica da nosa historia, que vai desde os comezos da Guerra Civil ata o final da Segunda Guerra Mundial (6).

Eugenio Montes merece ter a mesma estima e recoñecemento, como os intelectuais galegos e do resto do país, que tiveron similar traxectoria política: Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde (aos que lle dedicaron o día das letras galegas); Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura, Premio Miguel de Cervantes e Princesa de Asturias de las Letras); Wenceslao Fernández Flórez; Torrente Ballester; José María Castroviejo e Moure Mariño. A nivel español, son de destacar Dionisio Ridruejo; Luís Rosales; Antonio Tovar; Laín Entralgo, o cineasta García Berlanga e o psiquiatra Castilla del Pino.

Notas
1. https://ojs.letras.up.pt/ojs/index.php/tae/article/view/9926A.M./A.M. para Memória Futura: DoisHomens que Lutaram... Contra a Ditadura dos Dois Lados da Fronteira e Meios de Produção de Memória Autores JoãoBaía.
2. Fernández Santander, C.: Augusto Assía, un periodista en vanguardia, A Coruña. Publicaciones Arenas, pp. 15-16.
3. Fdez. Mezquita, o diplomático trostkista - La Región. laregion.es
https://www.laregion.es/sociedad
4. Dos arquivos de Rafael Dieste. Autores: Xosé Axeitos Agrelo. Boletín galego de literatura. ISSN 0214-9117, Nª 20, 1998, pp. 81-82.
5. "Pintura del Pueblofrente a la tiranía: La Religión del Trabajo de Maruja Mallo", Revista Universitaria de Historia Militar, Vol. 7, Nº 13 (2018), pp. 216-232.
6. Ver o apartado "Un escenario de espías".
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES