Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reparación Moral

jueves, 11 de mayo de 2023
"Se merecen la espuma de los truenos,
se merecen la vida y el olor del olivo
los españoles ámplios y serenos
que mueven la mirada como un pájaro altivo"

(Miguel Hernández)

Houbo un emotivo e significativo acto hai uns días no teatro Jofre na memoria das vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal, un acto oportuno e ao mesmo tempo necesario. Foron moitos anos de silenzo obrigado, de omisión absoluta daqueles e aquelas cuxas vidas foron arrebatadas pola cruel ignominia e barbárie dos que se sublevaron contra a legalidade vixente. Os historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez coa colaboración da Asociación Memoria Histórica Democrática catalogaron a 904 homes e mulleres pasados polas armas no periodo que vai dende 1936 a 1975. Estas vítimas permaneceron no máis absoluto anonimato porque para os seus verdugos non eran máis que cans rabiosos aos que conviña eliminar. E en España comezou a extenderse un recendo a morte mesturado co aroma do incienso dunha igrexa conivente e cómplice. Estas "autoridades" foron as que conscientemente dirixiron, e aberta e tácticamente xustificaron, o uso do terror como arma política. Consecuencias habería que sacar de todo isto: o ben non triunfa sempre sobre o mal, de que a inxustiza sobreponse moitas veces á xustiza e que a razón é impotente diante da forza bruta. Conclusións estas sobre as que deberiamos reflexionar.
Reparación Moral
Si, sei que algúns estarán dicindo: e dos outros que? Por suposto que pola outra banda tamén se cometeron accións totalmente rexeitábels, hoxe sería absurdo negar unha evidencia recoñecida por todos, pero aquelas vítimas, das que se dicia loitaban e morrían por Deus e por España, tiveron diferente tratamento daquelas as que lle arrebataron a vida por defenderse e oporse ao asoballamento, moitos acusados de rebeldía, que paradoxo!, polos verdadeiros amotinados. Aqueles tiveron os seus monumentos, as súas "cruces dos caídos" nas cidades, vilas e aldeas, sempre recoñecidos, sempre presentes e sempre loados, e estes o abandono máis absoluto. Por iso é tan necesaria a reparación moral para os que sacaron a empurróns con nocturnidade e aleivosía das súas casas e os levaron directamente á tapia do cemiterio para asasinalos covardemente. Un acto coma este organizado pola "Comisión pro Memorial das vítimas" e xusto e oportuno porque axuda á reparación moral e a solidarizarse coas familias que perante tanto tempo sufriron a dor de portas adentro, na máis absoluta intimidade, case a escondidas. Era hora de que publicamente se puidese estar con elas recuperando a memoria, lembrando a esas 904 vítimas que non morreron en combate porque en Ferrolterra e contorna non houbo ningunha batalla e si uha sistemática persecución rematada en crimes de lesa humanidade. Nunca máis!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES