Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 11 de mayo de 2023
De máis alá do propio tempo

Rachei o vento e o silencio cun único disparo. Seco. Poético. Dramático. Tráxico. Ós meus pés estaba un bicho que non coñecía, que ninguén coñecía. Apareceron expertos, entendidos, versados, profesionais para chegar á conclusión de que tal bicho era dos tempos de máis alá do principio, de máis alá do propio tempo. De cando practicamente non existía nada, tan só ese vento e ese silencio que rachara.
Pingas de Orballo O bicho era do tamaño dun can de palleiro que tiña os dentes coma as rabelas dos arados. Da cola saíanlle algo así coma flores de loureiro. Sobre o lombo viaxaban carrachas que tampouco ninguén vira antes. Da barriga asomaban catro tetos que semellaban acordeóns en miniatura. A lingua era de cor verde e tiña un ollo tan só no centro da fronte e moi baixo, case pegado ó fociño. Un fociño con dúas cores: azul e branco. O bicho estaba morto, claro, porque a miña puntería é coñecida e ten boa sona.
As que aínda vivían eran as carrachas, da cor da flor do toxo e cun cheiro a sabugueiro. Eran como as típicas carrachas que coñecemos, pero, a maiores da cor, tiñan algo estraño que facía que non as coñecese ninguén e que serían, por lóxica, de máis alá do propio tempo. A estas, aínda que quixen dispararlles... para que, non merecían das miñas balas. Eran pouquiña cousa. Tan pouquiña que se se metían baixo a borralla, xa non se vían. Eu e os especialistas deixámolas estar. Era bonito ter algo de máis alá do propio tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES