Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 10 de mayo de 2023
O medio indio acurralado

Estou acurralado na palleira que teño no Caneiro. As hostes inimigas arrodéanme polos catro puntos cardinais. Aproveitando que teño unha mesa vella e unha cadeira aínda máis vella ó lado dunha xanela, sento cun bolígrafo e cun papel para debuxar planos e rutas escapatorias. Entre trazo e trazo, liña e liña oio como as balas asubían ou golpean contra as paredes de bloque da palleira. Eu ben sei que o fan para non deixarme Pingas de Orballodescansar, para meterme o medo no corpo. Eu, coma heroe que son, non teño medo.
Non tendo medo, debuxo camiños, carreiros, ríos, penedos, valados e incluso os portelos de certas sebes e paredes. Todo a escala e con moita tranquilidade. Como dicía aquel: as cousas ben feitas, ben parecen. Co plano ben claro empezo a estudar as mellores rutas para a escapada.
De cando en vez, e para que o inimigo non pense que estou cagadiño de medo ou que son parvo, asomo con moito coidado ás xanelas da palleira e disparo tiros e frechas (esquecín dicir que son medio indio) para telos tamén a eles máis que entretidos, ou sexa, polo menos para que agachen a cabeza un pouco.
Boteille unha derradeira ollada ó plano e mesmo tiven tempo de deixarlle ós malnacidos unha pequena mensaxe nun recanto do plano: "bicádeme no cu que teño paxariños". Collín a carabina e as frechas, pero non me decidía a marchar. Que carallo, cando acaben coas balas xa se aburrirán e marcharán. Así é que seguín ó meu: debuxar no plano cousas secundarias (para distraerme un pouco das súas balas): niños, toxeiras, matogueiras, algunha vaca e ata un lobo ouleando.

Coma un fol

Resultou que o resultado non era exacto. Non cadraba. A diferenza andaba por aí solta e nin tan sequera sabía como buscala. Inchei o peito para coller aire. Axiña tiven que deixar escapar o aire do peito. Quedei sen folgos. E seguín buscando.
Busquei a diferenza que vai dun ir e vir, dun silencio a un barullo e dun ouleo a un asubío. Porque quería cadrar o resultado. Era difícil. Entre as xestas só se acochaban as Pingas de Orballoserpes e arredor dos palleiros de herba estaban deitados varios cans de palleiro. Non había diferenza entre a aira e o agro.
Sentei con calma ante a raíz cadrada dun parágrafo mal escrito e o retrouso dunha canción de Bruce Springsteen. O resultado, como comprenderedes, foi moito peor que ese que non é exacto. Este nin se lle parece na cor da tinta coa que escribo. Case empezo a desesperar polo mal resultado desa ecuación, das dúas ecuacións.
Volvo inchar o peito con aire. E volvo deixar saír o aire do peito. Que carallo, son coma un fol! E noto como os pulmóns se bambean por dentro da placa torácica. Por fóra tan só hai resultados malparidos e peor preñados. Agora cada quen que cuspa para arriba ou para abaixo.
Son coma ese fol que sopra e esparexe a borralla e as brasas polos soños que se soñan sen ter por que. Case é mellor que me suba á Perla Negra para buscar a diferenza do resultado que non cadra na crista dunha onda. No mar o vaivén pode mesturar os resultados e ser exactos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES