Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que nos falta?

jueves, 11 de mayo de 2023
Fáltannos tantas cosas... dirá alguén.
Claro que nos faltan moitas cousas.
As cousas materiais que se poden comprar con cartos son necesarias pero hainas aínda máis importantes.
Xa sabemos que as cousas que se poden comprar con cartos, costa moito chegar a elas.
¿Pero as que non teñen prezo?
As que non teñen prezo tamén teñen suma importancia nas nosas vidas.
¿CALES SON ALGUNHAS DAS COUSAS IMPORTANTES QUE NON TEÑEN PREZO?

- A VIDA: a vida É O MAIOR REGALO que se nos fai gratuitamente.
Sen ela nada sería posible.
A ciencia leva tempo intentando creala; pero non é capaz.
A orixe da vida e a vida mesma superan os coñecementos da ciencia actual.
Capacidade para creala, ata o momento, non a ten o ser humano.
Para destruíla: si, cando nos resulta molesta.
Hai persoas hoxe en día que non teñen reparo en acabar con ela tanto antes de nacer como antes de morrer de morte natural.
Para eso recurren a medidas legais.
Legais, si, cómodas tamén.
¿Pero morais?
¿OU É QUE A MORAL, NON EXISTE?
Da CONSCIENCIA damos fe porque nolo permite a intelixencia; pero...
¿A CONCIENCIA NON EXISTE?
A min paréceme que tódalas persoas a temos aínda que non sempre fagamos uso dela ou non a queiramos usar, porque somos libres. Se a usáramos máis, seríamos máis respectuosos coa vida.

-A INTELIXENCIA:
¿Onde se compra a intelixencia?
Non se vende en ningunha parte.
Nácese con máis ou con menos en familias pobres ou ricas, en familias instruidas ou ignorantes, do norte ou do sur: dos catro puntos cardinais...
É OUTRO REGALO.
Dásenos para exercitala; pero non a podemos comprar nin vender; nin tan siquiera compartila con outras persoas que teñen menos ou máis que nós.
O que podemos e debemos compartir son os coñecementos adquiridos grazas a ela; e non sempre a usamos adecuadamente.

-A SABEDORÍA: ese don que nos permite saber conducirnos pola vida tanto se temos moita instrucción, como pouca.
É OUTRO DON, OUTRO REGALO.
De feito hai persoas con moi pouca instrucción que saben dirixirse moi ben pola vida e outras con moita instrucción tropezan con frecuencia.
Ninguén pon en dúbida que a instrucción é moi importante.
De feito cada día son máis as persoas que procuran unha boa instrucción académica; pero non é suficiente.
A sabedoría supera a instrucción, A SABEDORÍA VÉN DE ARRIBA.

Pero tamén nos falta ben dela porque poñemos o centro da nosa atención moi baixo.

- A FE: nin se compra nin se vende; pero pode e debe cultivarse.
Temos moita falta dese cultivo tan esencial.
A fe é unha arma moi poderosa.
Ter fe nun mesmo anima e estimula a conseguir aquelo que parece imposible.
TER FE EN DEUS XA É O A MÁXIMA EXPRESIÓN DA FE; por eso os crentes dicimos que para Deus nada hai imposible e descansamos nas súas Mans porque sabemos que, aínda que pasemos por momentos difíciles, nada tememos porque o Señor vai con nós.
Se dedicáramos máis tempo a cultiva-la fe, veríamos a vida doutra maneira e seríamos máis felices.

- O SENTIDIÑO:
Ter sentidiño é unha expresión moi galega que abarca todo canto hai que ter para saber conducirse da maneira máis aconsellable en cada momento, lugar e circunstancia; principalmente nos momentos difíciles.
Non fai moito que recibimos a inoportuna visita do COVID-19.
As autoridades galegas soamente nos recomendaban "SENTIDIÑO".
Nesta palabra van incluídas tódalas precaucións necesarias para non caer no foxo da vida.
A persoa que sabe conducirse con sentidiño; non comete imprudencias a sabiendas.
Imprudencias involuntarias cometémolas tódolos humanos porque temos moitas limitacións; pero eses erros son inevitables.
Intentamos correxilos con intelixencia e en conciencia; pero xa sabemos que os humanos tropezamos máis dunha vez na mesma pedra.

Sentidiño, socialmente considerado, aínda nos falta bastante.
No tocante a adiantos e calidade de vida: melloramos moito con relación ós nosos devanceiros.
Pero a vida non só precisa calidade, tamén precisamos calidez.

"PRECISAMOS CALIDEZ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa aportación na construcción dun mundo mellor para todos e, como non, tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES