Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen veña detrás, que arrée!

lunes, 08 de mayo de 2023
As previsións do tempo son informacións do maior interese, porque o tempo que se vai disfrutar ou sufrir ten relevancia capital. Os lucenses temos a experiencia de que o tempo marca o resultado dos eventos, e se o bo tempo acompaña, as festas son perfectas. Esto, en canto aos prognósticos inmediatos. Ben diferente son os de máis lonxe por funestos que resulten, que se non nos afectarán a nós, afectarán de xeito grave aos nosos fillos e netos.

Hai xeral concordancia de que o planeta ven quentándose desde o inicio da era industrial, e que a subida dun grao provoca desertización, subida dos mares, secas prolongadas ou choivas torrenciais, e un sen fin de problemas que percibimos sen enfrontar o problema, e sen que os gobernos tomen decisións en serio.

As altas temperaturas de abril preocuparon momentaneamente, pero non se plantea en firme o problema da falta de choivas, embalses baleiros, peche de canles de regadío e perda de colleitas. Ninguén fala do problema que nos ameaza desde hai moito tempo, acelerando procesos, no que aos particulares só nos corresponde consumo axeitado, aforro, uso racional, e a cada goberno potenciar estes comportamentos e, tanto en solitario como en conxunto, afrontar plans de futuro para evitar a degradación do clima que os cientificos denuncian e nós sentimos xa en carne propia.

Os prognósticos condicionan accións e proxectos; márcannos a vida. Moito máis deberían preocuparnos os efectos a longo prazo, que costarán facendas e vidas, e sobre os que os gobernantes parecen pensar como o egoista axioma: "quen veña detras, que arrée!"
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES