Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 09 de mayo de 2023
Do Ártico a Baños de Molgas

Realicei xa tantos intentos que mesmo perdín a conta. Sei que paso dun cento. Intentos de traer bloques de xeo do Ártico a Baños de Molgas. Antes da metade do percorrido xa se me derreteran. Mais como a testán non hai quen me gane, eu seguín e sigo dálle que tumba e tumba que dálle. Entre intento e intento ou entre volta e volta fago traballar á cabeza para atopar un método factible.
Pingas de Orballo No intento cento e pico moitos, déuseme por pensar no meu amigo Eulogio, O Lameiras, que é de Bilbao. Non se me ocorrera antes: os de Bilbao! Chameino e nin tan sequera veu ó meu lugar de partida; esperoume xa no camiño.
A maiores de pensar no Lameiras, tamén optei por unha xogada de vacas para darlle cambón. Ó Eulogio, claro. Aínda que, ó mellor, non o precisaba. Xa sabedes como son os de Bilbao. E se para máis carallos é amigo... Pero levei a xunta de vacas. Por se aquel.
Tan axiña como chegamos ó Ártico, nada dun bloque de xeo... un puto iceberg! Un enorme iceberg foi ó que lle botamos a man. Mellor dito, arrodeámolo con varios sedeños e foi Eulogio o que o arrastrou os primeiros metros. O puto amo! Non obstante, como a distancia do Ártico a Baños de Molgas é máis que inmensa, deille cambón ó Lameiras. A partir de aí todo foi máis fácil. Pasamos por Bilbao para que aclamaran, afoutaran a Eulogio e, chegados xa a Baños de Molgas con medio iceberg (o outro medio derretera), o recibimento foi dos de festa a rachar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES