Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuncando nunhas vacacións accesibles

miércoles, 10 de mayo de 2023
Hai anos que me sinto como aquel poema de Rosalía na que alguén andaba procurando algo que aínda non había. Pois ben, eu atópome na situación de procurar viaxes accesibles, ben sei que os hai e que organizacións como COCEMFE téñenos por temporada baixa a moi bo prezo e nunhas condicións difíciles de igualar.

Quizais busco ir máis alá, boto en falta digamos viaxes para xente "madura" nos que non faga falla acompañante. Realmente busco repetir unha experiencia na que te quedabas só con persoas descoñecidas pero sabendo que estabas plenamente protexido e tiñas garantidas a satisfacción das necesidades alén da diversión. Recoñezo que boto de menos aquela sensación e que quixera repetila adaptada á miña idade (un non está para aqueles trotes).

O caso é que quizais vexa un baleiro no acceso ao ocio e quizais haxa posibilidade de facer unha oferta adaptada a situacións similares á miña: xente de mediana idade con diversidade funcional desexosa de interactuar con outras persoas. Habería que buscar o ambiente axeitado e con el o formato da actividade pero quizais sexan necesarias máis alternativas de ocio vacacional neste sentido. Estou a falar de ocio inclusivo, é dicir, da posibilidade de que compartir tempo, espazo e actividades con xente do noso tempo con e sen diversidade funcional.

Tamén pode ser que existan opcións nas que eu non reparara. Neste sentido estaría encantado de que alguén me sacara do erro.

En todo caso, quizais poida ser unha idea interesante para traballar no sector turístico...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES