Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Problemas por resolver

jueves, 04 de mayo de 2023
¡Hai que ver como somos os humanos!
Toda vida resolvendo problemas e seguimos tendo cada día máis.
Hai problemas que teñen fácil solución; eses enseguida deixan de ser problemas.
Pero hai outros que duran e duran...
Entre os que duran e duran, quizais algúns dos máis corrientes sexan:

-A LOITA DA XENTE NOVA PARA SITUARSE NA VIDA.
A xuventude de hoxe en día teno moi difícil.
Tanto se lle gusta estudiar como se non, precisa ter unha formación para todo.
Noutros tempos para ser dependiente ou camareiro non se precisaban estudios; pero hoxe en día co turismo, xa fan falta idomas.
Tampouco a nosa xuventude quere facer de camareiro porque, ademáis de saber, hai que traballar moitas horas fronte ó público.
E tampouco hai xente nova para a construcción, nin para a agricultura, nin para multitude de oficios que desaparen irremediablemente.

UN PROBLEMA QUE RESOVER: O DA MAN DE OBRA.

A nosa xuventude quere situarse comodamente con bo traballo, casa, coche e disfrutar moito da vida.
Disfrutar da xuventude ata ben avanzada a idade adulta.
Os anos pasan e os nacementos vanse retrasando.
Esto leva consigo pais e nais de "idade", escasez de xente nova e inversión da pirámide poboacional en moitos países, principalmente no noso.
A inversión da pirámide poboacional é un problema moi grave.

-A LOITA DOS ADULTOS PARA LEVAR O PESO DA VIDA:
A inflación sobe como o leite no lume.
Os soldos non soben de acordo coa carestía da vida.
Os fillos emancípanse cada día máis tarde.
Eso sen contar que hai que manter gobernos cada vez máis numerosos.
Ampliando a carta de servizos, hai que ampliar ministerios e máis ministerios...

-A LOITA DA ANCIANIDADE EN DIFERENTES FRONTES:
OS ACHAQUES aparecen sen pedir permiso e cada día son máis e vanse agravando co paso do tempo e a lonxevidade.
AS PENSIÓNS SON INSUFICIENTES sobre todo cando hai que depender doutras persoas.
E se hai que pagar unha residencia...non digamos.
As estatais son insuficientes.
No medio rural, sobre todo, NON CONTAMOS CON MEDIOS DE TRANSPORTE que permitan desprazarse para as necesidades básicas e de lecer.
A SOIDADE está servida en moitas ocasións.
Moitos fillos non son capaces de atender as necesidades dos pais, aínda que queiran, porque non poden.
Non poucas veces vense obrigados a vivir lonxe dos pais e da súa terra natal co que AS RELACIÓNS FAMILIARES INTERXERACIONAIS FANSE CADA DÍA MÁIS ESCASAS E
DIFÍCILES.

-A LOITA DA EMANCIÀCIÓN DA MULLER:
Aínda que a muller ten acceso á educación e á vida laboral na maioría dos campos nos países desenrolados:
Segue recaendo sobre ela o peso da organización do fogar, da maternidade, do coidado dos enfermos e dos anciáns.
Motivos polos cales non poucas mulleres ten que renunciar a desenrolar a súa vida como lle gustaría e como se merece.
Outras encontran dificultades por razón de sexo: moitos traballos que veñen facendo as mulleres son peor retribuidos que os dos varóns.
¡Qué inxustiza!
E outras son víctimas de violencia de xénero no propio fogar e fóra del.
Esto xa non ten nome.
O que está pasando é propio dunha sociedade moi enferma.

A VIDA É INXUSTA CON TODOS; PERO COA MULLER, MÁIS AÍNDA.
Parece mentira que sendo a muller tan antiga como o home na historia da humanidade, non goce dos mesmos dereitos que o varón sendo como é tan impotantísima a súa misión.
Parece mentira que haxa tantos homes que falten ó respecto ás mulleres, ás nenas e incluso ás súas propias fillas.
Hoxe en día danse violacións e asasinatos a calquera hora e en calquera lugar nos países mal chamados: desenrolados.
E nos subdesenrolados, nin se sabe...

"¿QUÉ NOS FALTA?"

Este será o título do seguinte artigo.
Por hoxe só me resta darlle as grazas por terme na súa consideración e felicitalo ou felicitala porque sei que vostede non ocasiona estes graves problemas pendientes de resolver neste mundo que nos toca vivir.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES