Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'El pueblo contra la democracia'

viernes, 05 de mayo de 2023
Un terzo do libro é bibliografía, así que o resto non mete medo. E ademais Yascha Mounk, bo comunicador, sacude a pereza intelectual. Velaquí o vademécum dunha palabra de contornos imprecisos: populismo.

Cando pensabamos que quedaba lonxe a barbarie de sangue e violencia do s.XX, a turbulencia dos últimos anos ameaza con novas desfeitas. Agora mesmo, populismos autoritarios son un tsunami sen fronteiras. Séntanse no poder en USA e Brasil, os dous colosos americanos. En Rusia e Turquía. E ata en países da UE como Polonia ou Italia, en mans de tipos atrabiliarios. A epidemia chega a Alemaña, Francia, Venezuela, países nórdicos, Hungría. España, agora.

Al linguaxe de Mounk é clara. Enténdese. Fai o fácil: a foto do presente ameazador. E o difícil: propostas para inventar o futuro. O título escama: non deberían ser tiranos os que ameacen a democracia? Democracia é goberno do pobo, e agora resulta que o pobo está detrás de revoltas populistas que ameazan a democracia.

Populismos: solucións fáciles a problemas complexos cunha linguaxe trampulleira de limpeza e democracia. Buscan e atopan inimigos exteriores. O pobo contra invasores que ameazan o noso modelo de vida e valores. Os 'nosos' contra os 'outros'. Os que comparten sangue, historia, lingua, relixións, 'raza' contra o inimigo brutal, inculto, delincuente. Mexicanos violadores e narcotraficantes, tuitea o excesivo Trump.

Os populismos ameazan institucións que garanten a convivencia dos diferentes baixo o mesmo paraugas democrático. Fóra delas, matonismo e barbarie. Enarbolan un verbo incendiario. Flautistas de Hamelin pastoreando resentimentos da xente do común contra as élites. A retórica fácil da indignación éche o caldo de cultivo onde coce ben a demagoxia. Iso, e as crecentes desigualdades froito dun sistema económico desapiadado, bo combustible para o medo.

O libro ofrece outra cara da moeda: propostas para se enfrontar aos populismos aínda que berren máis. A fin de contas as sociedades están vivas. O clamor popular activa os resortes da xustiza para perseguir a políticos sucios. A xente pensa e actúa. Agora mesmo, adolescentes de USA, Australia, Suecia e Bélxica saen a rúa chamando merdáns a uns dirixentes incapaces de acordar nada contra o cambio climático que lles rouba o futuro. O pobo que non soporta a opresión é quen de apear do poder aos tiranos. Aínda que resulte difícil deter a un elefante que barrita a diario na cristalería de twiter. Abanear a bola de derribos que destrúe é fácil, construír é máis difícil. Pero cando está en xogo a vida do planeta, o benestar da xente, os valores democráticos e a liberdade, paga a pena.

Un primeiro e sinxelo paso para se enfrontar aos populismos é ler o libro de Yascha Mounk. 'El pueblo contra la democracia'.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES