Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 04 de mayo de 2023
Agonizar no inferno

Agora, xa case todos os anos, no mes de abril, ásanse os paxariños. O tempo cambiou moito. As situacións tamén. Do frío pasamos á calor e da calor ó frío dun día para o outro. Todo cambia. O Celta, se lle ganara ó Mallorca, podía aspirar a xogar en Europa. Como perdeu... ollo!, o descenso está aí. Ás veces, nun salouco, déuselle a volta á tortilla ou viraron as tornas.
Pingas de Orballo Non obstante, con frío ou con calor, Chet Baker toca igual de ben, e a música de Érase unha vez en América, do mestre Morricone, rabuña na nostalxia. Deus, canta melancolía escoitando o tema de Deborah e Amapola. A música non ten frío nin calor, nin se molla nin agonía a causa da seca.
Porque non tardaremos en ter seca. O tempo non axuda nada. Por momentos, dan ganas de lle dar unhas labazadas (unhas hostias, falando claro) ó tempo. Ó mellor collíanos medo e facía o que nós desexásemos. E que desexamos? Que chova de noite! Tamén é certo que, ó mellor, chegáballe cuns berros. Que necesidade ten ninguén nin ningunha causa de levar unhas labazadas, ou sexa, unhas hostias! Se falando enténdese a xente... e a climatoloxía. Aínda que, nin aqueles nin esta, fan puto caso.
Parvadas á parte, a realidade é que se asan os paxariños. E se por un casual hai que meterse nun coche que está ó sol, o das labazadas e hostias ó tempo é case unha broma. Meterse, hoxe, nun coche que está ó sol, é como agonizar no inferno.

Andar sobre as augas

Quero ser o primeiro home en andar sobre as augas. Iso que din que fixo Xesucristo é un conto. Un conto moi grande e contado sen vergonza ningunha. Podo admitir o dos pans e os peixes, porque sería fácil dicirlle ó panadeiro: trae racións dobres ou triplas que quero deixar a estes coas bocas abertas. Sería fácil dicirlle ó Pingas de Orballo peixeiro: trae a pesca toda para que pensen que son un gran pescantín. Pero andar sobre as augas... iso é capítulo á parte. Ó mellor pensaba que os demais eramos parvos.
Practicamente todas as tardes de verán quería andar sobre as augas do río Arnoia onde está hoxe a ponte de Pinouzos ó ir coas vacas para o monte, mais non me quedaba outra que, ou choutar de pasal en pasal ou goldrar o río. Goldreino moitas veces porque, de cativo, aínda non alcanzaban os meus saltos os pasadoiros. Ó goldrar non había maneira: os pés afondaban e afondaban, non se sostiñan sobre as augas. Tiña que remangar o pantalón ata polo menos os xeonllos se quería cruzalo. E había que cruzalo porque as vacas xa estaban no outro lado.
Outra cousa era se levaba o burro (non se levaba sempre porque había que ir con el buscar os feixes de ferraia ou de nabos ou de outono ou ó muíño), que entón cruzaba o Arnoia a cabalo del. Unha vez cheguei a cruzalo montado nunha vaca, aínda que estaba xunguida a un carro de herba. Fóra de todo isto, o de Xesucristo andando sobre as augas... iso que o predique no deserto. Eu quixen facelo e molleime.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES