Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 03 de mayo de 2023
O Shériff de Tordelpalo

Nunca pensei que volvería a Tordelpalo, unha pedanía de Molina de Aragón, na provincia de Guadalaxara. Fora por primeira vez a principios dos anos oitenta co meu amigo Eugenio, operador de cine en Madrid. Naquela primeira visita lembro que subiramos a un outeiro que había ó lado e impresionárame o silencio. Era unha aldea que, ó mellor, nesa época, non alcanzaría os 15 habitantes. Ata hai unha semana tiña 9 e, agora, comigo, somos 10.
Pingas de Orballo
O máis bonito de todo é que, sendo o último en chegar, son xa o shériff, é dicir, o pedáneo. En tres días exactos impúxenme sobre os demais: seis vellos e tres que non tardarán en selo. Chegoume con apertar un pouco o gabán para que se notase, para simular a pistola que levaba baixo o sobaco esquerdo.
Que pinto tan lonxe da miña terra? Simplemente que lle roubei ó banco todo o que este me roubara a min en máis de corenta anos. Pero non hai maneira de fodelos. Non tardaron en botar sobre min todas as súas hostes e non me quedou outra que fuxir coas orellas baixas. Minto, fuxín coa faldriqueira ben chea. Pero, agora, e a pesar de vivir neste recanto deixado da man de Deus, teño que estar á espreita porque, meterse cos bancos, non é peixe podre.
En principio, como shériff que son, vivo ben e facendo e desfacendo ó meu antollo. Síntome o Gene Hackman de Sen perdón, para facerlle outra pequena homenaxe ó meu amigo operador de cine. Simulo unha película e vivo coma Deus na aldea que o viu nacer. Son o shériff de Tordelpalo.

Na rabela do arado

Agarrei a rabela do arado e deixeime ir. Nin me preocupei moito por onde ía, nin para onde. Os sucos, uns ían dereitos e outros curvábanse de máis. Era igual. O caso era avanzar. Avancei tanto que arei leiras de máis. Agora que, iso si, os pecados capitais arrastreinos ben arrastrados. Ata que a conciencia me quedou tranquila. Ata que quedaron humillados. Ou non.
Pingas de Orballo Sigo enganchado á rabela do arado e sigo a velas vir. O caso é arar. Que máis dá arar nas fincas dos demais. Mentres non lles toque os marcos... Nun rego moumiño quixo asomar un pecado mortal, pero eu, como cacho de pan que son, aloumiñei na pata dunha vaca e non lle fixen caso. Seguín coa arada dálle que dálle.
A xunta das vacas avanzaba. Eu, repito, deixábame ir. Pola restreba dos soños e polos eidos ou polos agros dos mandamentos, deses dez mandamentos que, que queredes, non se cumpre ningún. Ninguén respecta ningún. E quen estea libre de pecado, que tire a primeira pedra. Así de relixioso e católico me vexo por entre os sucos das leiras de centeo.
A rabela do arado serve de apoio para os cargos de conciencia. Quen non os ten? O arado quere engarrar nun penedo pouco profundo e os estralos espértanme desta monotonía de deixarme ir. Bérrolle ás vacas. Estas detéñense. Volvo a vista atrás e miro todo o que aramos. As leiras estaban limpas de pecados.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES