Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festa do Traballo con armas ao lombo

lunes, 01 de mayo de 2023
Luns, 1 de maio. Festa do traballo. É un dicir. Na agricultura traballouse sempre. E en algún oficio máis. Pero eu lembro que, na agricultura, todos aqueles festivos que non estaban... Festa do Traballo con armas ao lombodigamos, impostos pola Igrexa, eran hábiles ó cento por cento. Tamén é verdade que a agricultura, polo menos certas faenas da agricultura, nunca tiveron domingos nin festas de gardar nin vacacións nin rabo de gaitas. O labrego, ós domingos e festivos, tiña que lle coller herba ou ferraia ou outono ós animais. Na época da herba seca non había domingo posible, e mesmo, algún domingo, cando chovía, había que xunguir as vacas para marchar a fume de carozo a cargar na herba para que non se mollase. A labranza sempre foi, é e será un mundo á parte.

Segue sendo un caso á parte as armas en Estados Unidos. Empezan a contarse cos dedos das mans os días que poden librar dalgún tiroteo, dalgunha masacre. Habería que botar man das estatísticas, pero é que, ó mellor, xa non libran ningún día. O asunto é tan serio (foino sempre, pero o negocio é o negocio) que incluso o propio presidente xa empeza a reclamar unha lei para o control do armamento. Non creo que Festa do Traballo con armas ao lombo lle vaian facer moito caso, polo que terán que convivir con sustos e mortes. Os ianquis coa escusa de que teñen que defenderse (de si mesmos), seguen a ter pistolas e rifles e metralletas e granadas. Despois, con estas, "arman o que arman".

Acabo de atopar un dato que, o de ó mellor non librar ningún día, queda nunha inocentada, nun dato irrisorio. Resulta que no ano 2020 houbo 611 tiroteos, o que significa que a media dun diario queda nas carrouchas. O peor de todo é que non escarmentan.

Non saio dese país. Dise, e Joe Biden así o afirma, que este presidente ten intención de se presentar a unha nova reelección. Mais o dato está en que se o fai, nesa futura lexislatura, cumprirá 82 anos. A ver, se se entende que unha persoa se xubila ós sesenta e pico porque xa non dá máis de si no seu traballo, como é que noutros -coma por exemplo os políticos- poidan gobernar ou traballar con oitenta e pico. Precisamente uns traballos que arrastran unha gran responsabilidade. E por moitos asesores que teñan, eles son os que, ó final, toman as decisións... cos sentidos, ás veces, en decadencia, amorriñados. Algo non funciona.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES