Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Para ser valentes non é preciso disparar balas'

miércoles, 03 de mayo de 2023
Lin esta frase na tardiña do 25 de abril e lembroume aquel fito, único na historia, que conseguiu virar a folla sen ocasionar grandes danos á poboación. Realmente aqueles capitáns tiñan en mente unha revolución totalmente pacífica que levara a Portugal á democracia. Non en tanto coido que foron demasiado inxenuos en pensar que o sistema ía aceptar tal cousa sen revolverse. Así as forzas do aparato fascista usaron toda a súa artillería para evitar o inevitable. Por elas houbo mortos. En troques, o ideario dos Caraveis ficou e fica como unha mostra interxeracional de loita pola liberdade. Tamén hai que ter en conta que aqueles militares estaban fartos da guerra colonial e viron na revolución unha saída á mesma. Esta foi a principal causa da Revolución dos Caraveis: militares pacifistas que querían rematar con esa catástrofe humanitaria.

Os valentes nunca matan, os valentes non pisan, os valentes levantan. Por iso o 25 de abril tería que ir máis alá da democracia e procurar benestar. Unha vez que o faga podería contaxiar ao resto da Península Ibérica (polo menos).

Un abril social é o que se leva soñando dende versos, cancións, novelas e un longo etcétera. A democracia ten que ser axudar a ser e querer que todos sexan. Non chega co sufraxio universal, non chega con furnas de catro anos, hai que procurar gobernos para os que cada cidadán conte e que asuman para sempre "que o pobo é quen máis ordena".

O ideario dos caraveis incítanos a crer no ser humano en plenitude. Isto significa dotalo de capacidade de decisión e non cuestionar dita capacidade, por iso cada cidadá debería peso específico e debería ser valorada dentro dese pobo que ten dereito a ordenarse a si mesmo. Ese pobo que vale todas as verbas do mundo e que non silencia o estrondo súpeto dunha bala.

Quen cre na palabra, quen cre que no amor, quen cre na diversidade e na liberdade hoxe está berrando dende o fondo da conciencia: 25 de abril sempre.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES