Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de abril de 2023
Collendo cores do Arco da Vella

Collín unha das cores do arco da vella e separeina das demais. Chorou o tempo e berrou o silencio. Subín á flor do toxo e deixei que os sentimentos bailasen un tango con letra de Paquiño Sinatra. Agora, cada quen, que asubíe como queira.
Eu penso asubiar polo Uriarte, porque me lembro del, de cando naquelas tardes tornaba as vacas do Río Vello para Barricobos. El gardaba as vacas mentres eu, sentado nos penedos, contemplaba o universo. Ese universo no que un lóstrego procede Pingas de Orballo dun cometa e unha circunferencia semella a lúa vella. Agora, cada quen, que baile ó ritmo das Tanxugueiras.
Eu si que bailarei por entre as matogueiras da infancia e deixarei que a flor do toxo me encha de nostalxia. A flor do toxo é bonita. O toxo é o himno de Galicia, como o carallo é o patrón. Agora, cada quen, que asuma isto ou non.
Collín outra cor do arco da vella -e xa van dúas- para que algunhas bágoas do tempo reguen os pensamentos que asoman tras o silencio. Ese silencio que, antes, era estrondo, ruído. Pero, que é o universo con ruído? Un cosmos cheo de xoguetes rotos e de astros mesturados con versos soltos. Agora, cada quen, que voe por entre os planetas, que eu navegarei na Perla Negra.
Queda o arco da vella pingando lágrimas negras. Todas as cores lle son poucas para facer brillar a alucinación dunha lenda. Agora, cada quen, que bique a cor que queira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES