Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palabras na presentación do libro '50 aniversario Fuxan os Ventos'

jueves, 27 de abril de 2023
Benquerido Mero:
Neste teu libro que hoxe nos traes a esta casa amiga de tanta Lingua, Cultura e Literatura, unha libraría, postoPalabras na presentación do libro '50 aniversario Fuxan os Ventos' nas túas memorias persoais de Fuxan Os Ventos, entre outras cousas, queres adicárllelas á xente máis próxima que soubo estar nos momentos... e que moito máis te padeceron. Pois ben, hoxe, aquí está unha parte desa xente e eu, en nome de todas e todos eles, agradézoche a adicatoria que é pedra soleira do teu libro: "50 ANIVERSARIO FUXAN OS VENTOS (quixo o paxaro pousar na póla o seu chío" (Ed. Galaxia).

Neste teu libro, na introducción, logo de te presentares, dis algo emocional e amical. Unha verdade. En homenaxe e lembranzas de amizades cantoras, na prevalencia no tempo do seu cantar e falas, e nomeas a teu compadre Suso Vaamonde, ao urugaio Manuel Picón e á súa compañeira Olga Manzano. Tamén a Adalberto Zurdo, Rafael Amor e así explicas,

"Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío (...)
cantou e cantou, no aloucado intento o fermoso trino.
Cantou e cantou, co sol, ao amencer,
no solpor da tarde, na noite ao desafío. Cantou e cantou... morreunos co frío!"

Nós, e que o saibas, non queremos que ningunha cantora, que ningún cantor, morran co frío. Fagamos pois mornura comunal. Acheguémonos todas e todos ao lume de nós.
E segues nas túas explicacións e informacións que estimas sobre o teu proceso de facer obra indo polos tempos e tamén nos dis, como desexo que non queremos, que nese facer, nese exercício de repaso, que a cousa sería ben deixala, así, na única versión... e segues declarando que "durante anos calei, non por cobardía senón por ese estado de educación, claramente absurda... Tanto en público como en privado espallaron sentenzas difamatorias, produto, supoño, do seu certo fracaso. Conseguen, iso si, facer dubidar a moita xente."

E vas ti, e agora neste libro, deixas as cousas na claridade.
"Algo haberá que facer (e fixeches) que consiga explicar tamén a decepción producida e deixando "algo" espidos os manequíns do escaparate mentres facían durar a cegueira dos espectadores...

É unha loita pola dignidade.
Moitos non o viron, non o ven ou non queren velo...
Repito que esta é a "miña" verdade."

Pois aí está e aí a temos... a túa verdade feita libro. En maioría de idade, en dezanove capítulos chamando á lectura. Lectura da que nós sacaremos as propias conclusións e así as respostas ás preguntas.

Mero móstranos texto vivido. Non impón nada. Conta un camiño de cincuenta anos transitable, pero tamén tortuoso. Nestas liñas posibilita (e facilita) a comprensión da súa experiencia vital. Tamén, se queremos, bótanos unha man para interpretar os acontecementos, sucedidos e procesos. Velaí a búsqueda no andar, a cincuenta anos, de Fuxan. Andar natural, nada azucrado, sen conservantes. Foi... a música e letra, no país, a pobo e nación, na cultura,historia e tradicións, na Lingua popular e culta, se houber diferencia, que nós non sostemos. Cincuenta anos quen esencialmente mediaron en Mero os latexos e afectos de corazón, as tremendas emocións, e así o axudaron coller sentido para as súas inquedanzas e desexos, e agora pechar un ciclo, que, como acción activada, conlevará outros ciclos aclaratorios a froitos de pertencer.
Palabras na presentación do libro '50 aniversario Fuxan os Ventos'
Velaí o amor á verdade de Mero:

Esa verdade pola patria
que non explota, nin divide, nin mata.
Pois cando amas ao teu pobo
non vendes a túa parcela,
non negocias,
non mercadeas.
non derrubas o Patrimonio.
Esa verdade que te fai na Cultura,
que sementa futuro en identidade na Lingua
que che indica
...mira o que che di túa nai... túa avoa
mira o que che di teu pai... teu avó
escoita o que cantan
e que che quede no oído... para sempre.
Pois o teu noso Pobo,
o do Galego,
-crenos-
que na verdade
constrúenos
e na verdade...
determínanos.

Neste libro de Mero, nos cincuenta anos de Fuxan Os Ventos, hai argumentos, probas e documentos, que axudan definir as e os protagonistas. As e os lectores, nos exercícios dos seus pensamentos poden chegar ás verdades. Pero que ninguén busque neste libro sinal, nin pegada, de rancor, nin de resentimento. Non hai. E si hai pasos positivos e hainos tamén negativos.No que lles toca, cada quen responderon como entenderon e como quixeron. Exerceron responsabilidade e sentidiño. Razonaron, ben ou mal, como diría Manuel María.

En Mero, no seu libro, intuímos intencións e loita polas verdades na verdade. Notamos forzas e valentías e pensamos que, logo de escribilo, agora, séntese mellor.

Gustaríanos que así for, xa que sabemos de certo que botou tempos sen estar ben de todo, pois é verdade que é doado crer unha mentira, pero moi complicado desfacela, moi complicado.

Polo que Mero pasou e anda, ben nota que a música, a canción, Galiza en si, arden. Que hai problemas moi grandes. E que frívolamente seguimos de festas e parrandas. De luares e camiños. Pelexamos entre nós cos motores a relantin ou case apagados, proclamando deslumbres, logros e grandezas.

Entronizamos quen non din nada, quen mal divirten, quen producen mellores e máis tristes efectos especiais. Proclamamos que somos unha potencia. Non valoramos que xuntos xestionaríamos mellor os nosos saberes e recursos, si... os que comprensivamente nos chamarían ás rebeldías do desentir... para atinar no que discrepar e no que acordar.

Sei que Mero hoxe, con todas e todos nós, concorda no que segue...
"...porque
a vida non é doada
pero coa verdade
e na loita limpa
pode facerse marabillosa.
... e por iso
hai que seguir libre
en calquera experiencia
e facer o posible
e facer o incrible.
porque...
as amizades
fraternais camaradas non se cansarán de dar
as mellores leccións
con verdades.

...e así tamén
leccións das de vida
das de forzas
das de amor
das que ben nos saiban
... para que
todo así nos quede posto
a música e letra
na memoria e na palabra
a todo canto.

Por iso desde hoxe e aquí...
vaia neste solpor...
de nós para ti Mero...
este desexo en comuñón:

Que o paxaro non pare
que pouse ben e sempre
na póla de todos os tempos
con abondosa dozura... o seu chío...
Mero... noso amigo...


XI/IV/MMXXIII (Na libraría Pedreira por cerca da rúa San Pedro)
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES