Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches eléctricos

jueves, 08 de enero de 2009
Hai un colapso no mundo do automóbil, e comeza a haber baixas nas empresas dun poderoso colectivo con milleiros de postos de traballo, que en Galicia veñen ser unha pequena peza do extraordinario engranaxe que a escala mundial constitúe parte fundamental do sistema industrial.

O automóvil, por unha parte: grandes empresas produtoras, recambios, distribuidores, vendedores, talleres e segunda man. Complemento directo ou parte principal, o combustible: gasolina ou diesel, como fórmula principal, e con el estacións de servizo, transportes, refinerías, xacementos... todo un mundo económico detrás.

E sempre, desde hai arredor dun século, a idea de conseguir outro tipo de combustibles que permita abaratar o consumo dos vehículos e impida a dependencia do exterior para obtención do petróleo.

O motor de auga pode ser unha entelequia pero se á industria lle interesase, seguro que ía funcionar. Os motores a butano ou con biodiesel, por agora son xogos de nenos. O coche eléctrico, ata agora somente unha atracción festeira, foi sempre unha posibilidade non perfeccionada pola falta de vontade e apoio.

Hai trinta anos, con motivo dunha de tantas crises petrolíferas, comezaron a aparecer no mercado ofertas de coches eléctricos. Que non foron a máis porque non houbo interese. Pero nalgún momento haberá que seguir investigando e investindo porque os combustibles orgánicos son moi costosos, escasos e contaminantes.

A empresa Citroen, instalada en Vigo, parece ter tomado boa nota da situación crucial e de impasse na que nos atopamos e está decidida a intervir no mercado dos coches eléctricos planteándose a data de 2010 para obter un vehículo híbrido de combustible diesel e un motor eléctrico, e a do 2020 para a obtención deun vehículo cunha pila de combustible alimentada por hidróxeno con auga como residuo.

Velaquí a solución ós problemas do sector, que non van vir nin pola revitalización das ventas, as axudas oficiais, as primas á renovación dos coches ou á reactivación económica. Un coche eléctrico -ou similar- que consuma pouco, que non contamine, de precio asequible, é o mellor argumento escoitado ata agora para a impulsión da industria, sen que ninguén quede preterido porque todos os elementos da gran cadea están a tempo de reconvertirse e adaptarse a novas situacións que o sector demanda para seguir sendo cabeza tractora da animación industrial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES