Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: O voto galeguista

jueves, 08 de enero de 2009
Cando xa é oficial que as eleccións ó Parlamento Galego terán lugar o día un de marzo, apetéceme teorizar sobre o tan desexado voto antropoloxicamente galeguista, por ser un voto posiblemente maioritario e polo cal os tres partidos políticos con posibilidades de entraren de novo no Pazo do Hórreo devecen, dándose o paradoxo de que ningún deles ten inserida tal acuñación nas súas señas de identidade, nin moito menos asumidos con nidieza tales alicerces ideolóxicos no cerne dos seus respectivos principios políticos.

Coñecidos son os sucesivos intentos do Partido Popular de Galicia, de gañar para eles a ese electorado potencial, cousa que adoitan facer, máis pola vía das declaracións de intencións e dos ocasionais titulares de prensa -é dicir, dos cantos de serea- ca polo roteiro da política de partido, pois calquera aceno de achegamento (xa sexa dalgún dos seus representantes ou de determinadas áreas xeográficas das súas bases) a esta maioría social sempre acaba zopando coa realidade centralista das súas clases dirixentes.

Tampouco teñen sido xordos -aínda que con menor intensidade e con meirande espaciamento no tempo- os chamamentos realizados dende o "Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE", reivindicando o espazo que os galeguistas poden teren no seu ideario superficialmente federalizante, pero tan centralista no fondo, coma o dos seus rivais no Estado ó que ámbolos dous se deben.

Evidentemente, estas dúas análises carecen de valor intrínseco se nos referimos ó Bloque Nacionalista Galego, para os que, ó non existir ningunha sucesión de intereses de rango superior que os pexe, o que lles acontece é que adoitan pasárense de frenada, deseñando un proxecto que en semellante medida acaba por ter tamén moi pouco que ver co modelo de sociedade no que desexa vivir a maioría da xente.

E digo isto porque, se ben, no caso das dúas formacións estatais, as chamadas que lle fan a este electorado non pasan de seren meras insinuacións ou case imperceptibles susurros de conveniencia para cubriren o expediente; as que adoitan realizaren dende a forza netamente galega, son de tal intensidade que acaban superando os decibelios asumibles polos pavillons das orellas, distorsionando ata tal punto a mensaxe que máis que facérense entender o que fan é dar dores de cabeza.

E tan é así que acabamos por vivir instalados nunha contradicción permanente, cunha maioría social carente de partido e cuns partidos políticos instalados na endogamia e carentes de sen xente.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES