Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ESCOLA DE MAXISTERIO: ¡SI! PERO AÍNDA NON.

lunes, 31 de marzo de 2003
Estamos conmemorando o Ano Europeo das persoas discapacitadas co risco de convertelo nunha simple celebración se non buscamos solucións practicables, acordes cunha sociedade moderna que involucra a todos nas súas actividades. Sen compartir o seu sentido tentaremos que sirva para algo. Por centrarnos nalgún tema imos a facelo, unha vez máis, no que resulta máis vistoso: "a accesibilidade ó medio físico". En realidade a nosa loita vai encamiñada a que se constrúa pensando que sirva para todos. Mentres tanto é necesario dar pasos sinalizando o que temos accesible. Non perdamos a oportunidade de dicir que "subimos a bordo" da accesibilidade por enlazar cunha das actividades do Ano Europeo (un autobús que percorre os países da Unión Europea e que tamén pasou por Galicia). Estou a referirme á Escola de Formación do Profesorado, á escola de Maxisterio, na que eu estudiei. Tiven a oportunidade de participar recentemente nun acto que se celebrou alí. Foi gratificante volver a pisar aquela casa, xa que eran moitos os recordos. Unha vez dentro, despois de subir os consabidos chanzos da entrada, quedeime gratamente sorprendida. Alguén que me recoñeceu díxome que podía subir no ascensor. ¿¿No ascensor?? -pensei eu. Pois alí estaba esperándome xunto cunha rampla que me levaba ó salón de actos remodelado e tamén accesible; aínda que agora que lembro tiven que subir un chanzo para situarme no sitio que me correspondía. Claro, non é habitual ver persoas discapacitadas nun escenario. ¡Non me cansaba de mirar! Rematado o acto había que emprender o camiño á inversa. Xa na porta principal penso: "pero teño que baixar as escaleiras". ¡Aquí falta algo! ¿Como acceder ó ascensor? Posteriormente mirei pero non atopei sinalización algunha.

Fai uns días lin na prensa a renovación do cargo de director da Escola. Non sei se no seu programa levaba algo relacionado con ultimar a accesibilidade do edificio. Quero imaxinar que si pois con motivo do Ano Europeo o colectivo está no punto de mira, case que está de moda falar de discapacitados... Pero no caso probable de que non fose así, está a tempo pois quédalle toda unha lexislatura por diante. Ó tempo que lle desexo moitos éxitos no seu novo cometido tamén lle lembro a necesidade de que o Centro que dirixe sexa modelo. E voume permitir outra suxerencia: unha varanda nas escaleiras exteriores soluciona o problema a moitas dificultades de mobilidade xa que non todos levan cadeira de rodas. Ó salón de actos, aberto a tantos actos públicos, de momento non temos acceso e se o temos debe estar sinalizado en tanto non cheguemos ó ansiado concepto de que a accesibilidade sexa "universal", sen necesidade de especificar.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES