Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Malditos condicionantes

viernes, 21 de abril de 2023
Que vivimos condicionados é un feito incuestionable. O noso devir está marcado por unha serie de circunstancias que nos resultan difíciles de aparcar: vivimos baixo unha presión publicitária tremenda respecto aos productos materiais e ideolóxicos, aparecen no espectro mediático eses personaxes aos que hoxe chamamos "influencers"-anglicismo que non me gusta, para entendérmonos-, que xurden na "rede" e tamén nos medios audiovisuais e da escrita. Temos que andar previdos para non caeren na súa tea de araña porque para moitos, estes con capacidade para influír sobre outras persoas, van de profetas.

Hai augures especialmente tóxicos que baseándose na súa popularidade, e en certo Malditos condicionantesprestixio acumulado, van pola vida lanzando mensaxes que amosan ata que punto pode chegar a degradación moral do ser humanao. Un deses personaxes, con nome e apelidos, remata de desaparecer: Fernando Sánchez Dragó. E nos obituarios abundarán, como é preceptivo nestes casos, as virtudes, faltaría maís. De ser un escritor afamado, e para algúns case de referencia, pasa a amosar un deterioro moral difícil de disimular, ata o punto que aqueles que nalgún intre limos algo del con satisfacción, hoxe apresurámonos a poñer terra polo medio. Tanto nos condiciona o seu comportamento? Tanto nos afecta o que pensa das mulleres ou de presumir de acostarse con dúas nenas de trece anos como parte das súas fazañas sexuais? Era necesario que andara presumindo diso? Todos estes condenados condicionantes si, a min me afectan ata o punto de non volver a caer ningún libro seu nas miñas mans. Lera aquel "Gargoris y Habidis", ese ensaio a xeito de história máxica de España prologado por Torrente Ballester que tando deu de si no posfranquismo pola súa non disimulada posición ao nacionalcatolicismo e ao centralismo. Quen llo ía a dicir tempo despois! Seguro que perdin algo ao non volver a coller un libro seu, pero vivín máis tranquilo lonxe desa persoalidade tan retrógada e, baixo o meu punto de vista, tan tóxica.

A dualidade autor e obra soen iren xunguidas e resulta difícil separar obra e autor cando o comportamento deste resulta dubidoso. Ás veces o autor é o esterco que nutre a súa creación artistica. Son belixerante diante de certas cousas: inflúeme os comportamentos dos "artistas" ata o límite de condicionar o desfrute das súas obras. Enxurrados como persoas e tocados coa variña máxica como creadores. Revesgado separar autor e obra, abofé. Bo amañador será aquel que consiga arredar unha cousa da outra.

Coa desaparición de Sánchez Dragó a literatura española posiblemente perde a un dos seus personaxes importantes pero... ai o maldito condicionante da súa enzoufada personalidade!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES