Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Post pandemia. A nova normalidade

jueves, 20 de abril de 2023
As novas deixaron xa hai algún tempo de falar de xeito regular de pandemia. Por suposto, o virus segue a circular polo mundo adiante, aínda que en versións menos perigosas e en menor cantidade, contando xa dende hai tempo cunhas vacinas feitas ás présas pero que serviron, aínda que dos efectos secundarios pouco transcendera.
Así pois, o mundo leva volvendo á normalidade un tempo que se mide xa por ciclos anuais.

O certo é que hai moita xente que dubidamos da volta á normalidade. Non porque non se vexa un abandono das excepcionalidades tomadas ou forzadas pola pandemia, senón porque a normalidade anterior non estaba definida. Non o estaba no sentido de que cada quen -persoas e sociedades- tiña a súa. En xeral, seguro que pouco tiña que ver a que consideraras ti, que estás a ler, da dunha neoiorquina no Bronx ou dun saharauí nun campo no deserto alxeriano. E, se consideras que ambos están moi lonxe Post pandemia. A nova normalidadepara unha comparación, mira a 'normalidade' dalgún dos teus veciños e veciñas e de seguro que ves diferencias evidentes xunto coas semellanzas esperadas.

Pero a consideración anterior é só un aspecto a considerar nesa volta ó normal. En plena pandemia, houbo quen dixo que íamos saír mellores. Pero non vimos que as guerras remataran, nin que o matonismo dos países ou na nosa sociedade desaparecera, que a discriminación por diversas causas se evaporara ou que a corrupción sexa auga pasada. Por suposto que hobo cambios: os aplausos ó persoal médico desapareceron para deixar paso ó aumento de queixas dos servizos de saúde, cada vez máis escasos de persoal e cartos. Agora ben, pódese dicir que cambiamos, ou que a normalidade xa non é a mesma?

Hai uns días tomei unha foto á mañanciña sobre a fermosa ría de Ribadeo. Pódense contar nela as estelas de ao menos 13 avións. En pandemia, o cómputo era abondo máis doado. Non era necesario saber contar. Ou sexa, pasou a pandemia, e retornaron algunhas cousas de antes, da 'normalidade' anterior, fora o que fora. E, ó tempo, o mundo mudou. Os que temos certa idade temos visto moitos cambios, á vez que sentimos a sensación de que os novos cambios cada vez sucédense con máis rapidez, algo contrastado e estudado nalgúns aspectos, como a evolución empresarial. Ou sexa, despois de tres anos dende o inicio da pandemia, era lóxico percibir cambios. Pero máis aínda se hai que retornar dende as normativas impostas ou adoptadas por propia vontade e interiorizadas nos períodos de illamento, ofrecendo un contraste e perspectivas novas, que non había antes, ó tempo que hábitos que tampouco había. E así, é 'normal' que a 'nova normalidade' se pareza a antiga, pero ó tempo, que teña as súas peculiaridades. É dicir, que sexa 'outra' normalidade. E aínda máis, se temos en conta que o tempo de pandemia serviu tamén de catalizador para interiorizar e comezar a ver de xeito diferente fenómenos como o cambio climático e os seus derivados -de seca a vagas frías extemporáneas- ou a falta de recursos naturais, a contaminación, a perda de biodiversidade, aínda que coste moito máis traballo decatarse dunha das principais variables, da imbecilidade humana, con mostras incontables como as que provocaron eses fenómenos ou impiden mesmo a posibilidade de arranxo.

Todo normal. Iso si, normalidade nova, como ven sendo normal.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES