Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Domingo Frades Gaspar (RIP), excelso cultivador e defensor da fala

martes, 18 de abril de 2023
A Editora Nacional de Extremadura, na sección "Serie Rescate", publica o libro de Domingo Frades Gaspar "Versus Valeoris da Nosa Fala (Obra Poética Mañega)".

Trátase dunha edición e tradución de Ana Alicia Manso Flores e Xosé-Henrique Costas González, Mérida 2022.

Precede ó libro unha ampla e documentada "angarela" (mañegu) e angarela (castellano), obra dos xa devanditos autores Ana Alicia Manso Flores (Universidade de Domingo Frades Gaspar (RIP), excelso cultivador e defensor da falaEstremadura) e Xosé-Henrique Costas González (Universidade de Vigo), ámbolos dous especialistas en linguas minoritarias. Como eles traducen os poemas de Domingo ó castelán, eu cando teña que citar expresións deles fareino tamén en castelán, para non mesturar dúas traducións.

Da angarela traducida ó castelán tomamos:

1. DOMINGO FRADES GASPAR, "VALEOL DA NOSA FALA".
Decir Domingo Frades Gaspar (San Martín de Trebellu, 1936) es pensar inmediatamente en la Fala, ya sea en su pueblo o en As Ellas, localidad natal de su mujer Paula Payo, o en Valverdi du Fresnu, donde es una persona también muy querida y respetada, porque Domingo Frades fue el primer valedor de esta lengua hace cincuenta años, cuando empezó a publicar sus poemarios y estudios lingüísticos e históricos...

2. LAS OBRAS ÉDITAS E INÉDITAS DE DOMINGO FRADES. (Son tantísimas que invito ás lectoras e lectores á súa lectura).

3. SENTIDO, MÉTRICA Y TEMAS EN LA POESÍA DE DOMINGO FRADES. (É unha profunda aclaración tamén moi extensa).

E segue un longuísimo etcétera de aclaracións que invito ás lectoras e lectores a ler.
Domingo Frades tivo o seu pasamento en Badaxoz o 10 de Xaneiro do presente ano cando contaba 86 anos.

O xornal "Hoy" de Badaxoz de 11/01/23 dedícalle un sentido eloxio e o mesmo fai en Galiza o noso xornal "La Voz de Galicia", Obituario, páxina 31 de 11/01/23, onde nos lembra que foi membro correspondente da RAG desde o 2004.

O venres 20/01/23 tivo lugar a presentación póstuma de "Versus Valeoris da Nosa Fala" no salón de actos do Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badaxoz nun emotivo acto, moi concurrido no que participou a súa filla Ana Frades Payo, os xa mencionados catedráticos e Luis Sáez Delgado, director da Editora Regional de Extremadura. Empregaron os participantes, casi maioritariamente a Fala, o que lle deu un matiz profundamente emotivo ó acto.

Admiro profundamente o ciclópeo labor dos seus "versus" e tamén me chama moito a atención o inmenso traballo que fixo ó traducir nada menos que o "Novo Testamento", "Novu Testamentu en Fala".

Para el foi tamén a miña oración ó saber do seu pasamento, e vai tamén a miña profunda admiración e agarimo.

Os Tilos, 04/Abril/2023
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES